Concerto de Víctor Aneiros en Vigo

ven13xuñ22:00Concerto de Víctor Aneiros en VigoxIRA 25 ANIVERSARIO22:00 Supersonic - Vigo

Detalles do Evento

Con este 25 aniversario, Víctor Aneiros quere lembrar o camiño percorrido, acompañado da súa guitarra e da súa banda, ofrecerá unha viaxe musical pola súa carreira, a cal lle valeu a positiva crítica da prensa especializada e o recoñecemento como figura de relevancia no panorama do blues-rock en Galicia e España.

Ao longo destes 25 anos de traxectoria en solitario, o blues-rock da súa guitarra combinouse con letras en español, inglés e galego, destacando especialmente o seu traballo musicalizando poemas de grandes autores da súa terra como Rosalía de Castro e Curros Enríquez, así como Ramiro Fonte.

Tamén colaborou coa cantante canadense Julie Guravich, e máis recentemente, con Paula Martíns.

Entradas anticipadas á venda dende 9 euros en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 22:00

Localización

Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, Vigo 36202 Vigo

Está pasando!