‘Levaino!’ de Xurxo Fernandes | © Culturactiva

Concerto de Xurxo Fernandes en Agolada

dom11ago13:30Concerto de Xurxo Fernandes en AgoladaPROGRAMA '+MÚSICA' DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA13:30 Concello de Agolada - Agolada

Detalles do Evento

O domingo 11 de agosto, da man do programa ‘+Música’ da Deputación de Pontevedra, a Praza do Concello de Agolada vibrará co espectáculo ‘Levaino!’, de Xurxo Fernandes.

Xurxo Fernandes fórmase desde moi novo en baile e canto tradicional comezando en 1994 un traballo de campo por aldeas de Galicia. Como músico e intérprete crea Radio Cos, proxecto musical co que publica dous discos e no 2016 representa a España no prestixioso festival de músicas de raíz WOMEX.

‘Levaino!’ achega unha visión única sobre as músicas de raíz e de creación colectiva, na que os sons máis arcaicos dunha Galicia primitiva, acompañados de pandeireta, mistúranse co exotismo oriental, acompañados duns arranxos singulares e instrumentación moderna.


Hora

(Domingo) 13:30

Localización

Concello de Agolada

Está pasando!