Cuarteto Diógenes | Nikolaj Lund

Concerto do Cuarteto Diógenes en Pontevedra

lun02mar20:30Concerto do Cuarteto Diógenes en PontevedraSociedad Filarmónica de Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Enmarcado na Tempada 2025/26 da Sociedad Filarmónica de Pontevedra, o luns 2 de marzo, ás 20:30 horas, o Cuarteto Diógenes (corda) ofrecerá un concerto no Teatro Principal de Pontevedra no que ofrecerán pezas de Beethoven.

O Cuarteto Diógenes é un cuarteto de corda alemán fundado en 1998 en Múnich, que rinde homenaxe ao seu mecenas e amigo, C. Bettschart, fundador da editorial suiza Diogenes Verlag.

Está formado por Gundula Kirpal e Stefan Kirpal (violíns), Alba González i Becerra (viola) e Stephen Ristau (violonchelo).

Integral dos cuartetos de corda de Beethoven (II)

BEETHOVEN
Cuarteto de corda nº 4 en Do menor, op. 18 nº 4

BEETHOVEN
Cuarteto de corda nº 11 en Fa menor, op. 95 (”Serioso”)

BEETHOVEN
Cuarteto de corda nº 9 en Do maior, op. 59 nº 3 (”Razumovsky”)

A nova tempada da Sociedad Filarmónica de Pontevedra inclúe máis dunha ducia de concertos que se celebrarán no Teatro Principal, Auditorio Sede Afundación e no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra entre outubro de 2025 e xuño de 2026.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na web filarmonica.org

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!