Concerto do Cuarteto Iberia en Pontevedra

lun24feb20:30Concerto do Cuarteto Iberia en PontevedraSOCIEDADE FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro da tempada 2024-2025 organizada pola Sociedade Filarmónica de Pontevedra, o luns 24 de febreiro no Teatro Principal de Pontevedra, o Cuarteto Iberia (corda), Primeiro Premio do XI Concurso Internacional de Música de Cámara Antón García Abril (2023), ofrecerá un concerto no que interpretarán obras de Boccherini, Shostakovich e Ravel.

Cuarteto Residente do Museo Lázaro Galdiano de Madrid e Cuarteto da Cátedra Sandor Végh da Universidade Mozarteum de Salzburg.

RAVEL
Cuarteto de corda en Fa maior (1902-1903)

SHOSTAKOVICH
Cuarteto de corda nº 3 en Fa maior, op. 73


O Cuarteto Iberia fúndase en Madrid no ano 2018. Desde a súa creación o cuarteto mantivo a tradición cuartetística dos seus mestres, achegando un novo punto de vista á interpretación das grandes obras do xénero. Desde moi novos, a necesidade individual de cada un dos membros por profundar na obra escrita para cuarteto de corda, levoulles a xuntarse e crear esta agrupación, a cal é o máximo expoñente da súa expresión artística e coa que logran crear unha atmosfera musical excepcional.

En xuño de 2021 gañan a praza para estudar dentro da cátedra de cuarteto de corda da Universität Mozarteum Salzburg co profesor Cibrán Sierra (Cuarteto Quiroga). Na mesma institución tamén reciben os ensinos do profesor Rainer Schmidt (Hagen Quartett). Así mesmo recibiron masterclasses de Valentin Erben (Alban Berg Quartett), Heime Müller (Artemis Quartett), Lukas Hagen e Veronika Hagen (Hagen Quartett), Paul Watkins (Emerson String Quartet), Kuss Quartett, Simone Gramaglia (Quartetto dei Cremona), Jonathan Brown e Abel Tomás (Cuarteto Casals), Alasdair Tait (Belcea Quartet) e André J. Roy, entre outros.

Tamén cabe destacar a súa participación en festivais internacionais en cidades como Salzburgo, Würzburgo, Weikersheim, París, Londres, Montreal, Venecia, Milán ou Lucca. No ámbito nacional, en Madrid, Barcelona, Selecta, Burgos, León, Santander, Oviedo ou Xixón.



O Cuarteto Iberia forma parte de varias institucións de cuarteto europeas como ECMA, Lle Dimore do Quartetto e ProQuartet. É un dos 38 cuartetos seleccionados no proxecto europeo MERITA. Á súa vez tamén levan a cabo un labor pedagóxico, impartindo clases e cursos a mozos músicos e agrupacións.

Foron galardoados co primeiro premio no XI Concurso internacional de Música de Cámara “Antón García Abril”, co primeiro premio no 26 Concurso de Música de Cámara Josep Mirabent i Magrans de Cataluña, co segundo premio no XIX Concurso Internacional de Música de Cámara de Arnuero, co segundo premio no I Concurso de Música de Cámara “Ciutat d’Altea” e con Mención de Honra no Zukungsklang Award 2022 Stuttgart.

Desde inicios do 2022 o Cuarteto Iberia é cuarteto residente do Museo Lázaro Galdiano de Madrid e cuarteto residente das tempadas 22/23 e 23/24 da Sociedade Filarmónica de Burgos. Tocan instrumentos modernos de Cremona (Pascal Hornung, Diego Taje e Martin Gabbani) e un violín austriaco de Hans N. Pluhar, cedido pola Fundación Mozarteum de Salzburgo.

Unha das grandes calidades do cuarteto é a súa versatilidade á hora de abarcar a música de compositores moi diversos e crear proxectos baseados na investigación e o estudo da obra de autores de diferente época e estilo.



Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na páxina web www.filarmonicapontevedra.org

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!