Concerto do Trío Pedrell en Pontevedra

lun29xan20:30Concerto do Trío Pedrell en PontevedraSociedade Filharmónica de Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O luns 29 de xaneiro, o Trío Pedrell (violín, violoncello e piano) ofrecerá un concerto no Teatro Principal de Pontevedra dentro da Tempada 2023-2024 organizada pola Sociedade Filharmónica de Pontevedra.

  • MENDELSSOHN: Trío para violín, violonchelo e piano nº 1 en Re menor, op. 49
  • DVORÁK: Trío para violín, violonchelo e piano nº 3 en Fa menor, op. 65

Os membros do Trío Pedrell coñecéronse na Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC, Barcelona) e en 2012 crearon esta formación coa que desde entón levaron a cabo un traballo constante de profundización no repertorio para trío con piano, sempre co obxectivo compartido de presentar a música do pasado ao público de hoxe ofrecendo unha lectura contemporánea, honesta e apaixonada.

Fórmanse como conxunto no Máster de Música de cámara da Hochschule für Musik, Theater und Median Hannover co Profesor Markus Becker e paralelamente reciben consellos e clases maxistrais de profesores como Jonathan Brown, Luis Fernando Pérez, Natalia Prischepenko, Ralf Gothóni, Claudio Martínez Mehner, Beira Martínez Mehner, Kennedy Moretti, Pierre Réach, Wayne- Foster Schmidt, Albel Tomàs ou Arnau Tomàs.

Participan nun gran número de concursos nacionais e internacionais. Foron premiados no XXIV Concurso Internacional Papel de Música de Capellades, no XIII Premio BBVA de Música de Cámara Montserrat Alavedra, IV Concurso Internacional de Música de Cámara Antón García Abril, IX Concurso Internacional de Cámara das Cortes, no Concurso Min Primeiro Auditorio da Fundación Più Mosso ou o International Chamber Music Competition Pinerolo e Torino città Metropolitana.

O seu repertorio inclúe compositores que van desde o Clasicismo ata obras actuais do trinque.

O seu primeiro disco “Raíces”, con obras de Felipe Pedrell e Roberto Gerhard, valeunos o premio Enderrock 2018 ao mellor álbum de música clásica pola crítica. Actuaron en salas como o Auditorio de Barcelona, Palau da Música e o Auditorio Nacional de Madrid. Tamén foron convidados a realizar concertos en todo España, Alemaña e China; neste último país cun programa monográfico dedicado a Beethoven.

O nome do trío rende homenaxe ao compositor, musicólogo, editor e etnomusicólogo Felipe Pedrell, un dos pais da música nacionalista española.

Actualmente o trío fórmano Christian Torres (violín), Òscar Alabau (violoncelo) e Jordi Humet (piano).



A nova tempada da Sociedade Filharmónica de Pontevedra inclúe dez concertos que se celebrarán no Teatro Principal e no Auditorio Afundación de Pontevedra, entre outubro de 2023 e maio de 2024.

A programación de concertos da tempada 2023-2024 da Sociedade Filharmónica de Pontevedra é a seguinte:

30/OUT/2023

  • ZOAR (quinteto de vento) e ROSALÍA GÓMEZ LASHERAS (piano)
  • Obras de Richard Strauss, Poulenc e Louise Farrenc
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

06/NOV/2023

  • MISHA DACIC (piano)
  • Obras de Liszt
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

22/DEC/2023

  • QUARTET VIVANCOS (corda)
  • Primeiro Premio do Concurs Amics del Cambra Románica d’Andorra 2021
  • Obras de Mozart, Schubert e Shostakovich
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

29/XAN/2024

  • TRÍO PEDRELL (violín, violonchelo e piano)
  • Obras de Mendelssohn e Dvorák
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

01/FEB/2024

  • ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
  • Director: Andrés Salado
  • Solista: Ludwig Dürichen (violín)
  • Obras de J. Torres e Shostakovich
  • En colaboración con Afundación
  • 20:30 h. Auditorio Afundación de Pontevedra

26/FEB/2024

  • ISABEL VILLANUEVA (viola) e FRANÇOIS DUMONT (piano)
  • Isabel Villanueva é Premio Ollo Crítico da Música Clásica de RNE 2015 e Premio Cultura de Música Clásica da Comunidade de Madrid 2019.
  • François Dumont é Quinto Premio no XVI Concurso Internacional de Piano Fryderyk Chopin de Varsovia (2005)
  • Obras de Clarke, Brahms e Shostakovich
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

15/MAR/2024

  • REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
  • Director: Baldur Brönnimann
  • Solista: Alfonso Mújica (barítono)
  • Obras de Ginastera, Márquez, Moncayo e Blas Galindo
  • En colaboración con Afundación
  • 20:30 h. Auditorio Afundación de Pontevedra

09/ABR/2024

  • JAEDEN IZIK-DZURKO (piano)
  • Primeiro Premio no Concurso Internacional de Piano de Santander (2022) e Primeiro Premio LXVII Concurso de Piano María Canals (Barcelona 2022).
  • Obras de Bartók, Liszt e Rachmaninov
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

06/MAI/2024

  • GARA QUARTET (corda)
  • Con instrumentos de época “Madrid 1770”
  • Obras de Boccherini, Haydn e Canales
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

17/MAI/2024

  • ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
  • Director: José Trigueros
  • Solista: Marina Heredia (cantaora)
  • Obras de Ernesto Halffter e Falla
  • En colaboración con Afundación
  • 20:30 h. Teatro Principal de Pontevedra

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís ( euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na páxina web filarmonica.org

 

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!