Contacontos 'Cabicivai' de Pablísimo en Bueu

ven02xan18:00Contacontos 'Cabicivai' de Pablísimo en BueuNadal Bueu 202518:00 Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

O Concello de Bueu organiza o venres 2 de xaneiro o contacontos ‘Cabicivai’ de Pablísimo, que terá lugar ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de Cela.

‘Cabicivai’ é un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns dos que pode sair calquera cousa!!

Pablísimo é unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez.

Os seus espectáculos, de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia.

Pablísimo leva producidos máis de vinte espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video e narración oral. E ten participado en diferentes mostras e festivais.

O novo espectáculo de Pablísimo para o público infantil e familiar. ‘Cabicivai’ é o seu novo espectáculo.

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!