'Contos de nenas grandes e pequenas' no Rosal

xov18xul19:00'Contos de nenas grandes e pequenas' no RosalUn espectáculo de A Tropa de Trapo19:00 Concello do Rosal - O Rosal

Detalles do Evento

A Tropa de Trapo presenta o espectáculo ‘Contos de nenas grandes e pequenas’. Será o xoves 18 de xullo ás 19:00 horas, na Praza do Calvario do Rosal.

Xa hai moitas historias de homes! De cabaleiros, príncipes e guerreiros…

E nós quixemos contar historias de mulleres. Princesas non, pero si guerreiras!… ou non… ou de todo un pouco.

Porque hai moitas mulleres. Todas moi diferentes, pero todas cunha voz: a súa.

Aquí van catro contos de nenas (das grandes e das pequenas) con voz propia. Nenas que comparten, que vencen aos seus medos ou aos medos da xente, capaces de grandes aventuras como ir a polo lume ou subir ao monte máis alto a falar cun monstro. Nenas que tamén lle teñen medo á tormenta. Ou que xogan á pelota.

Pero iso si: nenas… que xa toca!

Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño 2024.

Hora

(Xoves) 19:00

Localización

Concello do Rosal

Está pasando!