'Contos debuxados, debuxos contados' en Dozón

ven12xul11:00'Contos debuxados, debuxos contados' en DozónUn espectáculo de Mar Toeger e Caxoto11:00 Concello de Dozón - Dozón

Detalles do Evento

O ilustrador Mar Taeger e o contador de contos Caxoto executan este man a man escénico nun perigoso experimento que non foi autorizado por ningunha autoridade competente.

Dun lado a picaresca, o trazo conciso e a fantasía visual de Marc e doutro lado a retranca, a voz firme e o maxín bule bule de Caxoto. E por se iso fose pouco, nun triplo salto mortal a esta mistura engadímoslle a participación imprevisible do público…

Que temos como resultado? Pois un espectáculo cheo de vitalidade, situacións esperpénticas, personaxes inesquecibles, creatividade desbordada, algunha que outra liorta escénica e moita, moitísima diversión.

Este espectáculo, que terá lugar no CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón, forma parte do programa Cultura no Camiño.

Hora

(Venres) 11:00

Localización

Concello de Dozón

Está pasando!