Convocatoria de propostas ‘Noites Abertas 2025’

ven04outConsultarmér30outConvocatoria de propostas ‘Noites Abertas 2025’26 edición do programa de lecer alternativo(Consultar) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Volta Noites Abertas coa súa 26 edición! Unha ampla oferta de ocio alternativo, participativo e inclusivo. Ábrese ata o 30 de outubro unha nova Convocatoria de propostas de actividades.

Se sodes unha asociación, empresa, autónomx, club deportivo, agrupación, etc, descarga a seguinte información e anímate a cubrir o formulario que se atopa en noitesabertas.gal. Animádevos a participar no deseño das Noites Abertas un ano máis.

A quen vai dirixida a convocatoria: Asociacións, empresas, profesionais autónomos/as, etc que traballen no eido da xuventude.

Características das actividades de Noites Abertas:

  • Actividades de fin de semana (venres e sábados).
  • Interiores e exteriores. Preferencia actividades interiores debido á climatoloxía.
  • Inscrición só para algunhas das actividades exteriores que requiran desprazamentos.
  • Diversas, accesibles, gratuítas e plurais. É un programa para todos os gustos e onde todas as temáticas teñen cabida.

Poboación destinataria: mocidade entre os 12 e os 30 anos. Todo o rango de idades ou algún tramo concreto.

Duración: 2 horas máximo e mínima de 1 hora.

Número de sesións a propoñer: máximo 4 e mínimo.

Datas: venres e sábados: 31 de xaneiro, 1, 7, 8, 14, 15, 21, 22 de febreiro (Entroido sen actividade), 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de marzo de 2025.

Horarios: intervalo a escoller entre as 20:00 e as 00:00 horas.

Espazos: CEIP Froebel, Casa Azul, Local de Música, Pavillón Multiusos, Campos de Herba sintética da Xunqueira e prazas da cidade.

Prazo de presentación de propostas: do 4 ao 30 de outubro de 2024. Rematado o prazo, a Coordinación do programa Noites Abertas seleccionará as propostas de actividades en función dos criterios establecidos. A comunicación dos proxectos seleccionados realizarase a partir do mes de novembro de 2024.

Criterios para selección de propostas:

  • Interese para a mocidade. Teranse en conta as avaliacións doutras edicións para valorar o interese das actividades propostas.
  • Actividades de ocio educativo. Construtivas, lúdicas e participativas; que teñan que ver coa promoción da igualdade, da cultura galega, da saúde, a interculturalidade, arte, música, gastronomía, xogos, medioambiente…
  • Viabilidade e inclusión que se adapten a unha participación activa e inclusiva
  • Actividades interesantes para a xente nova.

Hora

outubro 4 (Venres) - 30 (Mércores)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!