Curso de Monitor de Tempo Libre en Tomiño

sáb15marConsultarlun30xuñCurso de Monitor de Tempo Libre en Tomiñotítulo oficial, expedido pola Xunta de Galicia(Consultar) Concello de Tomiño - Tomiño

Detalles do Evento

Aberto o prazo de inscrición para un novo Curso de Monitor de Tempo Libre organizado polo Concello de Tomiño. Unha resposta ideal para aquelas persoas que pretendan adquirir formación oficial e experiencia práctica nun eido que abre portas a nivel profesional e aporta coñecementos válidos a nivel persoal.

A través deste curso, poderanse desenvolver as habilidades necesarias para traballar con grupos de infancia, mocidade e/ou terceira idade en actividades de tempo libre, cun enfoque práctico.

  • Inicio: 15 de marzo.
  • Horario: sábados e domingos de 09:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 h.
  • Prezo: 200 euros
  • Lugar: Escola Obradoiro de Goián
  • Duración: 200 horas (fase teórico-práctica) + 150 h. (fase de prácticas).



As persoas asistentes a este curso teñen que ter 18 anos cumpridos e estar en posesión, como mínimo, do graduado escolar, título da ESO ou equivalente.

Ao rematar toda a formación o alumnado acadará o título oficial, expedido pola Xunta de Galicia. Posibilidade de facer as prácticas durante o mes de xullo no noso campamento urbano.

Para que o curso se leve a cabo será necesario un mínimo de 25 persoas.

Requisitos de inscrición: a partir dos 18 anos con título de ESO, graduado escolar ou similar.

Hora

Marzo 15 (Sábado) - Xuño 30 (Luns)

Localización

Concello de Tomiño

Está pasando!