'Debulendo Lendas... Galegas' con Tarabelos en Moaña

ven20set18:00'Debulendo Lendas... Galegas' con Tarabelos en Moañaprograma 'Ler Conta Moito'18:00 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

Tarabelos presenta na Axencia de Lectura Municipal de Domaio, ‘Debulendo Lendas… Galegas’, unha actividade do programa ‘Ler Conta Moito’.

Cando eu debuxo o que leo, entón “debuleo”. Debuxamos xuntos e descubrimos o valor das lendas galegas? Piratas, xacias, dragóns, celtas, biosbardos…

Un espectáculo de contacontos debuxado ao 100% que mestura narración oral, ilustracións e a técnica centenaria ‘Kamishibai’ como base dunha sesión na que todos participan. Ilustracións dentro e fora do teatriño, que voan, loitan, falan… Debulemos?

Espectáculo de 55 minutos de duración, dirixido a público infantil, a partir de 4 anos.

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!