Domingos do Principal 2025 - 'Mr Bo'

dom23nov12:00Domingos do Principal 2025 - 'Mr Bo'ciclo de TEATRO PARA TODA A FAMILIA12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O domingo 23 de novembro, a compañía Marie de Jong pechará o ciclo de teatro para toda a familia Domingos do Principal co espectáculo ‘Mr. Bo’.

Tres criados levan toda a vida servindo o señor Bo. Xa non saben facer outra cousa. Están tan afeitos a cumprir as ordes do amo, que esqueceron o día no que tiveron a oportunidade de berrar «abonda».

Puideron facelo cando Bo era un neno. Agora é un adulto rosmón e parece demasiado tarde. Os tres criados xogan a imaxinar como sería o mundo se eles fosen os señores da casa.

Que pai ou nai non pensa, nalgún momento, que criou un pequeno ditador? Como nos comportamos cando nos encontramos, cara a cara, coa tiranía?

Premio mellor espectáculo de La Mostra de Igualada 2024.

Espectáculo finalista Premios Max de teatro 2025.

Teatro de máscaras, mudo.

Duración: 50 minutos.

Recomendado partir de 5 anos.

DOMINGOS DO PRINCIPAL 2025

As representacións terán lugar entre o 12 de outubro e o 23 de novembro e contarán con pase ás 12.00 e ás 18.30 h.

Xanpatito Pato, Producións Excéntricas, Píscore e Teatro dos Ghazafelhos son as compañías galegas que levarán ao Principal circo teatro, teatro de actor, comedia musical e clown.

A murciana Onírica Mecánica apostará polo teatro contemporáneo e, chegada desde Euskadi, Marie de Jong polo teatro mudo de máscaras.

A programación de Domingos do Principal 2025 é a seguinte:

  • DOM 12 OUT • ‘COMPAÑA’ (Xanpatito Pato)
  • DOM 19 OUT • ‘MONSTROS’ (Producións Excéntricas)
  • DOM 26 OUT • ‘VERNE’ (Onírica Mecánica)
  • DOM 9 NOV • ‘MOLTO BARROCO’ (Píscore)
  • DOM 16 NOV • ‘ANDALE BON APPETIT’ (Teatro dos Ghazafelhos)
  • DOM 23 NOV • ‘Mr BO’ (Marie de Jong)

As entradas para cada un dos espectáculos terán un prezo único de 4 euros. Tambén se poderán adquirir abonos para os seis espectáculos por 18 euros en Ataquilla.com.

De non esgotarse, estarán á venda unha hora antes de cada pase na billeteira do Teatro Principal.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!