'Don Gelati' con Dani García en Cambados

dom14xul21:00'Don Gelati' con Dani García en CambadosCultura no Camiño 202421:00 Concello de Cambados - Cambados

Detalles do Evento

A Praza do Concello de Cambados acollerá o domingo 14 de xullo o espectáculo de maxia ‘Don Gelati’, a cargo de Dani García.

Un brillante día de sol chega á praza un vendedor de xelados co seu carriño-bici para endulzar os paladares e sacar un sorriso aos que alí viven. Pero este non será un día como outros…

Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño e os seus xelados. O tempo apremia e ten que arranxalo antes de que o sol nos deixe sen frescos doces.

‘Don Gelati’ é un esoectáculo de maxia teatral que pola súa tematica resulta perfecto para representarse na rúa ademais dos teatros. O carro dos xelados leva integrado un potente equipo de son a batería , que lle da unha gran movilidade e posibilita a súa reprersentación sen case necesidades técnicas.

Esta é unha obra de teatro xestual, onde un guión cheo de maxia leva a Don Gelati ó limite da súa imaxinación axudandose dos malabares , o clawn, o público e como non, o seu inxenio.

Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño 2024.

Hora

(Domingo) 21:00

Localización

Concello de Cambados

Está pasando!