Encontro con Teresa Abelleira en Pontevedra

sáb30dec11:00Encontro con Teresa Abelleira en Pontevedrapresentación do libro ‘Campioa, pequena biografía de Teresa Abelleira’11:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Concello de Pontevedra organiza o vindeiro sábado, 30 de decembro un encontro coa futbolista pontevedresa Teresa Abelleira con motivo da presentación do libro ‘Campioa, pequena biografía de Teresa Abelleira’. Será no Teatro Principal a partir das 11.00 horas e a entrada é de balde até completar cabida.

A deportista manterá unha conversa coa xornalista especializada en deportes, Nieves Amil, na que percorrerá distintos fitos da súa vida. O acto estará introducido polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, que asistirá á presentación.

O libro ‘Campioa’ foi encargado polo Concello de Pontevedra a Lela edicións que ten unha colección de publicacións infantís de biografías de persoeiras galegas. A Concellaría de Deportes, que xestiona Anabel Gulías, considerou oportuno incluír a figura de Teresa Abelleira nesta colección, por iso realizou o encargo. A publicación foi ilustrada por Tania Solla e creada por Polo Correo do Vento.

No encontro con Nieves Amil, Teresa Abelleira abordará distintos fitos da súa vida, ao igual que fai a publicación xa que se trata dunha pequena biografía da futbolista pontevedresa, adaptada para o público infantil.

Todas as persoas que se acheguen ao Teatro Principal este sábado recibirán a publicación de agasallo.


Hora

(Sábado) 11:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!