This is a repeating event

Entroido de Cobres 2026

sáb14feb10:00Entroido de Cobres 2026Do 14 ao 17 de febreiro10:00 Casa da Cultura de Riomaior - Vilaboa

Detalles do Evento

Do 14 ao 17 de febreiro, as rúas de Santa Cristina e San Adrián de Cobres volverán encherse de tradición, cor e música.

De 10:00 a 19:00 horas, os percorridos polas parroquias rematarán cada día na carpa situada en Riomaior, fronte á Casa da Cultura, baixo o viaduto da autopista.

Este Entroido tradicional que se celebra anualmente dende o sábado ata o martes de Entroido, e que ten como colofón a Corrida do Galo que se desenvolve o martes pola tarde na explanada de Riomaior, posúe para os veciños de Cobres un valor incalculable que queren compartir con todo aquel que desexe visitalos nas datas sinaladas.

O programa do Entroido de Cobres 2026 é o seguinte:

Sábado, 14 de febreiro

10:00-19:00h. Percorrido do Entroido polos barrios

19:00h. Chegada do Entroido á carpa (horario orientativo)

22:00h. Gran Festa de Apertura con Orquestra Kubo e Trío Tic Tac

Domingo, 15 de febreiro

10:00-19:00h. Percorrido do Entroido polos barrios

19:00h. Chegada do Entroido á carpa (horario orientativo)

22:00h. Festa a cargo de Son das Tabernas

Luns, 16 de febreiro

10:00-19:00h. Percorrido do Entroido polos barrios

19:00h. Chegada do Entroido á carpa (horario orientativo)

21:30h. Luns de Maghachos con Orquestra Magos e Trío La Noche

Martes, 17 de febreiro

10:00-13:00h. Percorrido do Entroido polos barrios

13:00h. Sesión vermú amenizada polo Dúo Los Dinámicos. Haberá comida: polbo, churrasco…

16:30h. Corrida do Galo, presentada por Isi da TVG, acompañado por Marci Varela desde o escenario. Xogos populares e actuacións do Entroido de Cobres, coa estrea dunha nova peza de baile. Galo no río e na vara, concursos, predicador, queima do Galo e gran tirada de fogos de artificio. Festa con Fanfarria Furruxa polas rúas

19:00h. Chegada do Entroido á carpa (horario orientativo). DJ Gabryd converterá a carpa nun auténtico fin de festa!

Hora

(Sábado) 10:00

Localización

Casa da Cultura de Riomaior

Rúa Pazos, 1, 36140 Vilaboa

Está pasando!