Entroido Salvaterra 2026

mar17feb17:30Entroido Salvaterra 2026Do 17 ao 21 de febreiro17:30 Casa da Cultura de Salvaterra - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Concello de Salvaterra de Miño xa está preparado para dar a benvida ao Entroido do 2026. Como xa ben sendo habitual as actividades para os máis pequenos e a diversión en familia son o principal atractivo desta festividade no municipio.

Enterro da Lamprea, que este ano pecha inscricións con máis de 1600 persoas percorrendo as principais rúas de Salvaterra de Miño, celebrarase o sábado 21 de febreiro ás 16:30 horas con saída dende a Rúa Rosalía de Castro e transcurso polas principais rúas da vila ata chegar á Praza do Concello.

Será un día onde o espectáculo de son, luces, vestimentas e risas, moitas risas, estarán asegurados.

Dende o Concello queren recordar que todas aquelas persoas que queiran participar no enterro de forma persoal e non a través dunha carroza ou comparsa poden facelo dentro da propia comitiva da defunta lamprea, formando parte do grupo de ‘Choronas’ que acompañan á lamprea, de loito riguroso.

A programación complétase coa tradicional Festa Infantil de Entroido o martes 17 de febreiro ás 17:30 horas na Prazado Concello con música, diversión e chocolate e rosca. En caso de choiva trasladarase á Casa Cultura de Salvaterra.

E coma tódolos anos non pode faltar o Desfile de Disfraces dos Centros Educativos de Salvaterra de Miño dende o Concello ata o Parque A Canuda que este ano debido a previsión metereolóxica pasará ao venres 20 de febreiro. En caso de choiva trasladarase ó Pavillón Cándido Carrera.

Hora

(Martes) 17:30

Localización

Casa da Cultura de Salvaterra

Rúa Raíña Dona Urraca, 12 - 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!