This is a repeating event

Entruido Soutomaior 2025

ven28febConsultarEntruido Soutomaior 2025Do 22 de febreiro ao 5 de marzo de 2025(Consultar: venres) Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Do 22 de febreiro ao 5 de marzo, a tradición, o divertimento a música e a cultura daranse cita no Concello de Soutomaior para celebrar unha das datas máis agardadas do ano.

A programación do Entruido 2025, que dará comezo o sábado 22 de febreiro co Desfile de Comparsas é a seguinte:

 SÁB 22 FEB 

DESFILE DE COMPARSAS

17:30h. Inicio do desfile desde a rúa Calvario ata Alameda de Talo Río.

A partir das 20:00h. Talo Río. Lectura do Pregón a cargo de ‘JUAN DE ARCADE’.

Entrega de premios.

Verbena coa TRIO AZABACHE.

 DOM 23 FEB 

OBRADOIRO DE MÁSCARAS TRADICIONAIS E ANTEFACES

10:00 – 14:00h. Casa da Cultura Rexina Miguez Noval (Soutomaior).

Público+10 anos. 15 prazas.

Inscrición en liña ata xoves 20 de febreiro ás 14:00 h.

 VEN 28 FEB 

PASARRÚAS CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO

10:30h. Inicio no Cruce de subida ao colexio. Desfile polas rúas de Arcade ata Talo Río.

 SÁB 1 MAR 

ENCONTRO DE ENTRUIDOS

13:00h. Casa do Pobo da Pedreira.Sesión vermú a cargo de FANFARRIA FURRUXA.

XANTAR VECINAL DO GALO CON ARROZ

14:30h. Casa do Pobo da Pedreira.

O xantar custará 15€/persoa (inclúe a comida, bebida e sobremesa).

Prazas limitadas.Os vales do xantar mércanse nas asociacións do municipio.

PROCESIÓN DO GALO

17:00h. Casa do Pobo da Pedreira.

Verbena con música popular e co ‘DÚO MAREMA’.

Xogos e actividades infantis.

 DOM 2 MAR 

FESTA DE ENTRUIDO INFANTIL: QUIQUIRIQUI! O GALO CORRE AQUÍ

17:30 – 19:30h. Talo Río. QUIRICAS E QUIRICOS xogos e animacións de rúa e a continuación…

Espectáculo GRAN BARAFUNDA NO GALIÑEIRO.

 MAR 4 MAR  

FIADA DE ENTRUIDO

20:30 – 00:00h. Talo Río. Música, baile, petiscos e moita troula.

 MÉR 5 MAR 

ENTERRO DA SARDIÑA

19:30h. Praza de Cima de Vila (Arcade).

Percorrido: Praza Xosé Solla Campo da petanca.

Únete a este cortexo e sepelio.

Participan:

  • Banda Artistica de Arcade Asociación A Xesteira
  • Asociación Moreira a Tope
  • Asociación cultural Miúdos

Todas as actividades son DE BALDE, agás as indicadas neste programa.


Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!