This is a repeating event

Entruido Soutomaior 2026

dom15febConsultarEntruido Soutomaior 2026Do 13 ao 22 de febreiro (Consultar: domingo) Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Tras a reorganización da programación do Entruido de Soutomaoir debido á previsión meteorolóxica, a primeira cita será o venres 13 de febreiro onde as pequenas e pequenos do CEIP Manuel Padín Truiteiro desfilarán polas rúas de Arcade enchéndoas de luz e cor.

Unha cita que dará comezo ás 10:30 horas e sairá dende o cruce de subida do colexio e finalizará na Alameda de Talo Río. Nesa mesma xornada, ‘Juan de Arcade’, pregoeiro do Entruido 2026, amenizará o comercio ao longo de toda a xornada.

O sábado 14, as pequenas e pequenos seguirán sendo os protagonistas co Entruido Infantil que se celebrará na Alameda de Talo Río. Onde haberá inchables e obradoiros, e tamén estará o Peque Disco MocMoc de Mere Clown con música, circo e clown nunha auténtica disco móbil infantil e familiar, con máquina de fume, pompas de xabón, confeti, malabares con lume, luz e moito humor.

O domingo 15, toda a actividade estará centrada na renovada Praza do Val Sobral, onde terá lugar a Festa do Galo, o Encontro de Entruidos e a Fiada. Unha cita onde haberá música, comida, baile e moita troula!

18 de febreiro, mércores de cinza, terá lugar o Enterro da Sardiña que sairá ás 19:30 horas da Praza de Cima de Vila. O percorrido será dende a Praza, pasando pola rúa Xosé Solla para finalizaren Cagazó, no campo da petanca onde despediremos a nosa sardiña.

Un evento no que colaborarán a Banda de Música Artística de Arcade, a Asociación da Xesteira, a Asociación Moreira a Tope e a Asociación Cultural Miúdos.

desfile de comparsas, previsto inicialmente para o sábado 7, celebrarase o domingo 22 de febreiro, con saída ás 17:30 horas dende o cruce do Viso. 

O primeiro tramo do desfile será o “tramo silencioso” para que todas as persoas poidan desfrutar en igualdade de condicións desta cita tan agardada. O tramo silencioso irá, polo tanto, dende o cruce do Viso ata o cruce de Cima de Vila.

Un desfile que estará encabezado polo pregoeiro, que será un ano máis, “Juan de Arcade”, un home popular e coñecido no concello. O desfile rematará en Talo Río, alí, a partir das 20:00h. terá lugar a lectura do pregón, entrega de premios e festa coa actuación do Trío Armonía.

Un desfile que contará con 15 comparsas, 3 convidadas que serán Asociación Cultural Miúdos-Soutomaior, Asociación Cultural Moreira a Tope -Soutomaior e a Asociación Andaina de Persoas con diversidade funcional de Redondela.

Logo haberá 12 comparsas seleccionadas para desfilar que serán: a Asociación socio Deportiva Cultural Os da Caña de Marín; Asociación Os da Casa de Vigo, Asociación Recreativa e Cultural de Guizán -Mos; Asociación Carnavalera Os Campechanos de Ponteareas; Asociación Cultural de Pontellas en Porriño; Asociación Os Festeiros de Bembrive en Vigo; Asociación Cultural Luces de Tomiño; Asociación Cultural Trompos Os Pes de Marín; Asociación A Pandilla de Ponte Caldelas; Asociación Recreativa e Cultural Barca de Loimil de Arbo e a Asociación Agrupación Culural Comisión de Festas de Cepeda en Pazos de Borbén.

Un Entruido que, tras esta reorganización debido á previsión meteorolóxica, rematará, como xa dixemos, co desfile de comparsas que terá lugar o domingo 22 de febreiro.

Na parte de Promoción Económica o Entruido tamén chegará ao comercio e hostalería de Soutomaior co Concurso ‘Vaia Meco’. A concelleira de Promoción económica, convida a toda a veciñanza a “visitar os establecementos comerciais e gozar da ambientación dos seus escaparates cos mecos e versos satíricos”.

Dende o Goberno Local convidan a todo o mundo a desfrutar destas datas xa que “en Soutomaior, o Entruido vívese con humor e retranca!”

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!