Estrea de 'Bibopalula' en Pontevedra

dom01dec11:30Estrea de 'Bibopalula' en Pontevedraa primeira serie musical de animación en galego11:30 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Chega a primeira serie musical de debuxos en galego. Non perdas a oportunidade de asistir en familia á gran estrea de ‘Bibopalula’, o domingo 1 de decembro ás 11.30 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Proxectaranse dous capítulos, as máis pequenas e pequenos coñecerán a un dos protagonistas da serie, que repartirá un agasallo moi especial a todos os asistentes. Xosé A. Touriñán será o encargado de presentar o acto!

‘Bibopalula’ é unha serie musical deseñada para ver múltiples veces por espectadores primeirizos, de ata catro anos. Colorida, divertida e ambientada nun bosque amable, ‘Bibopalula’ componse de historias de cinco minutos protagonizadas por paxaros que teñen un grupo musical e nas que a natureza -e os seus ciclos- ocupa sempre un lugar principal.



Protagonizada pola pega Pegui, o merlo Merli, o paporrubio Robin e o peto Carpin, a serie busca achegar a vida natural próxima a nós ás nenas e nenos que se achegan por vez primeira ao audiovisual. O final felicísimo desta aposta viría cando eses primeiros espectadores recoñeceran a Pegui -ou a outros dos protagonistas das historias- nun parque ou identificasen o cambio das estacións pola chegada das aves que migran.

‘Bibopalula’, dirixida por Laura Mahía, está producida por Undodez e Televisión de Galicia e contou para a súa produción co apoio da Agadic a través das axudas á Produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos.

Reserva de entradas en Ataquilla.com

Está pasando!