This is a repeating event

Excéntricas presenta 'Monstros' en Vigo

dom03mar20:00Excéntricas presenta 'Monstros' en Vigo2 e 3 de marzo de 202420:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 2 e domingo 3 de marzo, ás 18:00 horas, na Sala Ártika de Vigo, Producións Teatráis Excéntricas presenta ‘Monstros’, unha comedia en galego recomendada para maiores de 6 anos.

Exterior dunha sinistra casa, catro personaxes miran por unha fenda. É unha visión terrible, pavorosa. Intúense seres saídos dos peores pesadelos agochados entre as sombras. O nervio e o terror apodéranse do ambiente, as palabras atropélanse nas bocas. Será certo que aquel lugar está habitado por un monstro? Si, iso parece. Pero como é? Atréveste a vir con nós e mirar á terrible criatura á cara?

‘Monstros’ é un espectáculo familiar que reflexiona sobre aquelo que consideramos monstruoso e tal vez por iso nos aterroriza. Pero faino desde o humor, porque a risa é o mellor antídoto contra o que nos asusta. Este espectáculo é unha viaxe. Acompañando a estes catro personaxes asistimos a un desfile de criaturas terroríficas que nos acaban ensinando que o atroz está nos ollos de quen mira. O que é diferente a nós, por veces, resulta aterrador.

Unha vez que nos enfrontamos ao monstro e incluso xogamos construír o noso propio, nós tamén cambiamos. E se non é tan diferente a nós? Agora que nos atrevemos a tocalo coas mans, somos a mesma persoa á que aterrorizaban as sombras?



‘Monstros’ é un artefacto divertido que nos conta como aprender a convivir cos nososmedos axúdanos a entendernos mellor, a nós e ás demais persoas, a aceptar as nosas propias monstruosidades.

‘Monstros’ é un espectáculo orientado para público escolar e familiar cun elenco de primeira: Patricia Vázquez, Rocío González e Víctor Mosqueira; e coa música en directo do músico Piti Sanz. Este reparto de luxo desenvolverá historias que exploran os nosos medos utilizando a técnica do clown. A vella arte dos pallasos que parodia sen maldade, critica sen intención e que nos reconcilia coa nosa prodixiosa mente infantil. Un espazo escénico case nú e a música en directo lévannos a pasear polos ambientes mais sinistros: sórdidas catacumbas, casas enmeigadas, gabinetes de tortura, criptas de pesadelo.

Quén son as autoras desta farsesca viaxe ao planeta do medo? María Lado e Lucía Aldao. Quén dirixe esta festival do humor e o terror? Marcos Orsi.

Entrada anticipadas á venda en artikavigo.com a 8 euros + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función) e en taquilla a 10 euros + gastos de xestión.

Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!