Exposición 'As mulleres e o mar' en Vigo

xov11abrConsultarxov06xuñExposición 'As mulleres e o mar' en Vigo'O traballo feminino nas industrias marítimas de Galicia. Séculos XIX e XX'(Consultar) Museo do Mar de Galicia - Vigo

Detalles do Evento

O Museo do Mar de Galicia acolle a mostra temporal ‘As mulleres e o mar. O traballo feminino nas industrias marítimas de Galicia. Séculos XIX e XX’.

A exposición, organizada pola Cátedra Juana de Vega, é un tributo a todas aquelas mulleres traballadoras e loitadoras incansables que desde o século XIX e ao longo do XX estiveron vinculadas estreitamente ao mar e as súas industrias, e é un relato colectivo de todas estas profesionais da pesca: redeiras, mariscadoras, regateiras, conserveiras.

Poderá visitarse ata o 6 de xuño no horario de apertura do museo (martes a venres 10:00 a 14:00 horas e 16:00 a 19:00 horas e sábados, domingos e festivos 11:00 a 14:00 horas e 17:00 a 20:00 horas).


Hora

Abril 11 (Xoves) - Xuño 6 (Xoves)

Localización

Museo do Mar de Galicia

Avda. Atlántida, 160, 36208 Vigo

Está pasando!