Exposición das ilustracións de 'Filla das ondas' en Pontevedra

lun02xuñConsultarven27xuñExposición das ilustracións de 'Filla das ondas' en PontevedraFina Casalderrey e Xosé Cobas(Consultar) Espazo Nemonon - Pontevedra

Detalles do Evento

As rúas e as prazas da zona monumental de Pontevedra, as fontes e os escudos heráldicos, algúns dos recunchos máis emblemáticos e das edificacións históricas máis senlleiras… As abraiantes arquitecturas da Boa Vila protagonizan unha exposición de ilustracións orixinais de Xosé Cobas para o libro ‘Filla das ondas‘ publicado por Kalandraka, con texto de Fina Casalderrey.

Cobas tamén realizou un plano da zona vella de Pontevedra situando os principais escenarios polos que transcorre este relato fantástico. Unha ducia de librarías e establecementos de Pontevedra dispoñen do mapa para que as lectoras e os lectores poidan seguir o percorrido dos protagonistas do libro.

Precisamente, o luns 23 de xuño a partir das 19:00 horas, a piques de celebrarse a noite máxica de San Xoán, os autores guiarán unha ruta aberta ao público que, dende o Espazo Nemonon, seguirá os pasos de Froiaz e Mariña.

A mostra poderase visitar ata o venres 27 de xuño no Espazo Nemonon, de luns a venres entre as 12:00 e as 14:00 horas, e polas tardes con cita previa contactando coa editorial no número de teléfono 667 401 563.

Hora

xuño 2 (Luns) - 27 (Venres)

Localización

Espazo Nemonon

Praza da Ferrería, 1, 36002 Pontevedra

Está pasando!