Exposición ‘Dúas ladeiras de mesma montaña’ | UVigo

Exposición 'Dúas ladeiras da mesma montaña' en Pontevedra

xov20novConsultarmar20xanExposición 'Dúas ladeiras da mesma montaña' en PontevedraMartín Llavaneras e Elena Jones(Consultar) Fundación Manuel Moldes - Pontevedra

Detalles do Evento

Entre o 20 de novembro e o 20 de febreiro, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición ‘Dúas ladeiras da mesma montaña’, promovida xunto co Centro de Arte Fundación María José Jove.

Nela preséntase as obras desenvolvidas polos artistas Martín Llavaneras e Elena Jones á raíz da súa estadía na cidade mexicana de Guadalajara como beneficiarios da primeira convocatoria de residencias internacionais desta fundación.

Coa directora deste centro, Susana González, como comisaria, esta exposición conecta as creacións de dous artistas vinculados non só pola experiencia da estadía en México, senón porque “comparten unha atención particular cara os procesos materiais, as transformacións da materia e os sistemas de relación que se xeran entre os corpos, os obxectos e a contorna”, segundo recolle o texto de presentación desta exposición.

A exposición pode visitarse de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.

Hora

Novembro 20 (Xoves) - Xaneiro 20 (Martes)

Localización

Fundación Manuel Moldes

Benito Corbal, 47 (Entrada Javier Puig Llamas, 3) 36001 Pontevedra

Está pasando!