Exposición 'Héctor Francesch. Colección de favoritas' en Vigo

mar07maiConsultarsáb20xulExposición 'Héctor Francesch. Colección de favoritas' en VigoDo 7 de maio ao 20 de xullo de 2024(Consultar) Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Chega ao Teatro Afundación Vigo unha mostra do artista coruñés Héctor Francesch, un percorrido por dúas décadas de creación, de 2004 a 2024, coas súas obras máis representativas, que amosan a evolución do seu talento e diversidade creativa ao longo dos anos.

O proxecto conta co comisariado de Matilde Rodríguez, especialista en ilustración contemporánea.

Podes visitar a exposición ‘Héctor Francesch. Colección de favoritas’ do 7 de maio ao 20 de xullo de 2024 no seguinte horario:

  • Luns a venres: 11.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00 h.
  • Sábados: 11.00 a 14.00 e 17.00 a 19.00 h.
  • Domingos e festivos: pechado

Unha mostra do proxecto Cultura por alimentos’, o programa solidario de Afundación en colaboración con FESBAL para axudar os bancos de alimentos locais. Asiste coa túa doazón!

ESCOLARES

A obra de Francesch é especialmente interesante para escolares pola súa linguaxe pictórica próxima á publicidade, ao cinema e á cultura popular, mesturado coa crítica e a retranca. O humor, o lúdico, o xogo e a memoria colectiva teñen moita presenza no seu traballo.

  • INFANTIL a 4º Primaria | Visita conto con obradoiro STEAM | «O artista que soñaba con ser un xoguete»
  • 5º Primaria a 2º ESO | Visita guiada adaptada con obradoiro STEAM | «De instalacións e serigrafías, sempre con moita ironía»
  • 3º e 4º ESO, bacharelato e C.F. | Visita comentada con posibilidade de obradoiro | «Hector Francesch. Colección de favoritas»

2 €/escolar. Máis información en areaeducativavigo@afundacion.org ou no teléfono 986 129 032.



HÉCTOR FRANCESCH

Ao longo da súa traxectoria creativa, Héctor Francesch (A Coruña, 1977) asinou unha obra plástica cun orixinal e recoñecible estilo; unha linguaxe visual única na que observamos unha gran riqueza de referentes da banda deseñada, a arte urbana ou a cultura popular. O proxecto, desenvolvido especificamente para a Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo, presenta unha coidada escolma de pezas creadas por Francesch entre 2004 e 2024. É a «Colección de favoritas», as preferidas de entre todas as súas creacións dos últimos 20 anos.

Asegura a comisaria da mostra, a especialista en ilustración contemporánea e xestora cultural Matilde Rodríguez, que o traballo de Héctor Francesch destaca pola súa «formulación gráfica», as linguaxes visuais actuais a partir das que configura as súas obras, e polo uso de cores planas e liñas definidas. Este enfoque reflicte a súa formación dixital. Mais Francesch elabora manualmente as súas obras. Esta obstinación polo artesanal «outorga un valor engadido ao seu traballo, centrado nos detalles, os acabados, e a constante investigación de materiais e soportes».


Héctor Francesch | © Afundación

Un total de 37 obras conforman este percorrido, das que 12 son pinturas e as 25 restantes técnicas moi diversas que amosan a creatividade do autor e a súa investigación continua sobre materiais e soportes. En «Colección de favoritas» encontramos serigrafías, instalacións, videoarte, pintura expandida ou fotografías, ademais de pezas creadas a partir de ferro policromado, ou empregando monopatíns como soporte. Tamén forman parte da exposición a súa emblemática peza-obxecto For the love of sugar, realizada con gomas de azucre sobre un modelo de cranio humano ou a instalación Nube de lápices realizada con tanza e lapis de cores.

Francesch «desafía a dualidade entre a liberdade creativa e o rigor formal», afirma Matilde Rodríguez, «empregando obxectos cotiáns como base da súa expresión artística».

Héctor Francesch utiliza a palabra «refuxio» para definir o seu traballo. «Grazas a el podo facer que as cousas sexan como a min me gustan». Desde a súa primeira mostra no ano 1998 na Coruña, a súa obra ten formado parte de múltiples certames, como a IX Mostra Unión Fenosa, o Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo no que a súa obra foi adquirida en varias ocasións. Tamén obtivo o VIII Premio Auditorio de Galicia. Ademais, ten participado en feiras coma ArtMadrid ou Swab Barcelona e exposicións nacionais e internacionais, en Europa e América.

As creacións de Héctor Francesch forman parte dalgunhas das mellores coleccións de arte de Galicia e de España, entre as que se encontra a Colección de Arte de Afundación, que atesoura obras de Francesch desde fai 19 anos.

Hora

Maio 7 (Martes) - Xullo 20 (Sábado)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!