‘O posto de Rosa’ | Ralf Glasz

Exposición 'Los colores del mundo', en Marín

xov29maiConsultarven13xuñExposición 'Los colores del mundo', en MarínObras do pintor autodidacta Ralf Glasz(Consultar) Ateneo Santa Cecilia - Marín

Detalles do Evento

O Ateneo Santa Cecilia de Marín presenta la muestra ‘Los colores del mundo’, do pintor autodidacta Ralf Glasz.

A exposición inaugurarase o xoves, 29 de maio e permanecerá na sala de exposición do Ateneo marinense (rúa do Forno, 42 – baixo) ata o 13 de xuño, podendo ser visitada en horario de luns a venres, de 18.00 a 20.00 horas.

Ralf Glasz, un pintor autodidacta

Dende moi novo, Ralf comparte a súa dedicación e gusto pola pintura e a música, esta última a súa gran acompañante ao longo da súa vida, e coa que fixo carreira chegando a moitos rincóns do mundo.

Por esta razón a pintura sempre estivo esquecida nun segundo plano e , por circunstancias da vida, hai uns anos que este artista autodidacta, desempolvou os pinceis, bastidores, óleos e demais e retomou aquel amor perdido chamado pintura.

No momento actual, afincado en Galicia, xa ten participado en numerosas exposicións e gañado varios premios e mesmo estivo como invitado pola Xunta de Galicia, xunto con outros pintores nun proxecto relacionado coas Illas Atlánticas.

A súa obra foi exposta e vendida tanto a nivel nacional como internacional.

Hora

Maio 29 (Xoves) - Xuño 13 (Venres)

Localización

Ateneo Santa Cecilia

Rúa do Forno, 42 Baixo 36900 Marín

Está pasando!