Exposición 'Obxecto prezado nunca se compra' en Marín

mér18feb18:00mér20:30Exposición 'Obxecto prezado nunca se compra' en Marínartista Susana Beatriz de Castro Teixeira18:00 - 20:30

Detalles do Evento

O venres, 20 de febreiro, ás 20:00 horas, terá lugar na sala do Ateneo Santa Cecilia a inauguración da exposición pictórica ‘Obxecto prezado nunca se compra’ da artista Susana Beatriz de Castro Teixeira.

A práctica artística de Susana de Castro iníciase na exploración da noción de habitar como acción fundamental que conforma o refuxio e a identidade; comprendendo o fogar como lugar ambivalente de crecemento e de recollemento, de unión e de reunión, que vén marcado pola identidade persoal e a necesidade de seguridade e intimidade.

Desta maneira, espazo e suxeito xeran unha retroalimentación e contamínanse o un ao outro ao longo do tempo ata que o fogar, como contedor, acaba por ser reflexo de quen o habita.

Nesta proposta, os obxectos cotiáns adquiren un papel central como portadores de memoria, afecto e experiencia. Son elementos aparentemente simples, pero cargados de significado, que actúan como extensións do corpo.

A través de distintos encadramentos xérase unha sorte de emulación da intimidade, convidando ao espectador a asomarse a espazos protexidos (secretos) onde o doméstico se volve narrativo. A fantasía, o naif e a inocencia funcionan aquí como linguaxes deliberadas, reivindicando o xogo, a imaxinación e o pracer de crear como motor lexítimo da práctica artística.

Esta exposición é especial xa que só estará aberta unha única semana, do 20 de febreiro ao 27 de febreiro. Poderase visitar de luns a venres, en horario habitual de 18:00 a 20:30 horas.

A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

Hora

(Mércores) 18:00 - 20:30

Está pasando!