‘Festa da Lingua’ en Pontevedra

sáb18mai11:00‘Festa da Lingua’ en Pontevedra17 e 18 de maio de 202411:00 Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A programación de ‘Maio, mes da lingua’ avanza aos poucos, artellándose ao redor do 17 de maio, Día das Letras Galegas, como xornada central de celebración. O edil de Normalización Lingüística, do Concello de Pontevedra, Demetrio Gómez, lembrou na mañá do luns 13 de maio, que todas as actividades fixadas no calendario ao longo deste mes serían imposíbeis de facer sen a colaboración dos colectivos cidadáns e culturais da cidade, sendo boa proba disto a bautizada como ‘Festa da Lingua’ que foi presentada polo miúdo.

«Queremos facer unha celebración do 17 de maio de maneira lúdica. Queremos pasalo ben e facelo no noso idioma, celebrándoo», indicou Gómez. «Contamos coa colaboración do Centro Social A Pedreira, que se encargarán da organización desta dobre xornada, ao igual que fixeron en anos anteriores, con actividades ao longo de todo o día, incluíndo un xantar popular, aberto a todo o mundo».

Así, en representación do colectivo da Pedreira, Borxa Mexuto repasou polo miúdo o programa previsto para o vindeiro venres. «Queremos reivindicar un compromiso do asociacionismo pontevedrés que se esforza día a día, os 365 días do ano, en transmitir a lingua, en coidala e en defendela», indicou. «Este ano poñeremos a atención, se cabe máis que nunca, nas novas xeracións, no esforzo que debemos facer como sociedade para que a lingua galega se transmita e teña así mil primaveras máis».


Presentación da ‘Festa da Lingua 2024’ | © Concello de Pontevedra

Todas as actividades incluídas no programa son abertas, de balde e para todos os públicos. No primeiro día de actividades, o mesmo 17 de maio, a veciñanza poderá gozar da banda de gaitas Polavila, que percorrerá o rueiro da cidade a partir das 20.30 horas. Ademais, na Praza da Pedreira, ás 21.00 horas, actuarán Os Vacalouras e Catuxa Salom.

O sábado, 18 de maio, a rúa Serra vivirá unha xornada emocionante, con xogos populares da man de Sororas desde as 11.00 horas; a animación recoñecida de Peter Punk e o seu espectáculo ‘Peor Impossivel’ (ás 12.00 horas), e a banda de gaitas Foula.

xantar popular ten previsto o seu comezo ás 14.30 horas (as crianzas poderán gozar desta actividade de balde, os adolescentes por un prezo de 10 euros e os que teñen 17 ou máis anos, por un prezo de 15 euros), namentres que as reservas poden ser xestionadas no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 601 981 288.

Hora

(Sábado) 11:00

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!