This is a repeating event

Festa dos Libros de Pontevedra 2025

dom06xul11:00Festa dos Libros de Pontevedra 20254, 5 e 6 de xullo de 202511:00 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

Pontevedra celebrará o venres 4, sábado 5 e domingo 6 de xullo, a oitava edición da Festa dos Libros, un evento que encherá a carpa situada na praza da Ferraría de literatura, escritores e escritoras, encontros coas letras e como en toda festa, música.

Organizada polo Concello de Pontevedra, a festa contará coa colaboración de trece librarías da cidade: Aviones de Papel, Clip, D-Lectum, El Naranjo, El Pueblo, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Libraría Paz, Librería Escolma, Librería Metáfora, Librería Seijas, Librería Cronopios e Mononoke Manga.

Ademais dos postos de venda das librarías, o evento reunirá un centenar de autores e autoras que participarán en máis de cen actividades pensadas para fomentar a lectura e o amor polos libros.

Entre os nomes máis destacados figuran Silvia Intxaurrondo, Arantza Portabales, Yolanda Castaño, Pedro Feijoo, Cristina Pato, Ulises Bértolo, Francisco Castro, Eva Mejuto ou Manuel Lourenzo, entre outros.

A festa inclúe propostas para todos os públicos e abrirá os tres días con actividades pensadas para os máis pequenos e pequenas da casa, en horario de 11.00 a 14.00 h e de 18.00 a 22.30 h (agás o domingo, que pechará ás 22.00 h).

Hora

(Domingo) 11:00

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!