Festa presentación do II Incodefest en Pontevedra

sáb29mar18:00Festa presentación do II Incodefest en PontevedraPablo y los Ciervos Dorados, Rager e Bloom18:00 Soulbeer - Pontevedra

Detalles do Evento

Este sábado, 29 de marzo, o establecemento Soulbeer convertirase no punto de encontro para os amantes da música en directo coa presentación oficial da segunda edición do Incodefest.

Nun ambiente próximo, o festival dará a coñecer parte da súa esencia cun concerto moi especial das bandas Pablo y los Ciervos Dorados, Rager e Bloom. Estes serán os encargados de adiantar a enerxía do festival Incodefest, un evento que terá lugar a derradeira fin de semana de maio.

A partir das 18:00h, o público poderá gozar desta cita de balde, que funcionará como antesala para o festival como tal, que se desenvolverá entre os días 30 e 31 de maio, e que reunirá unha coidada selección de artistas, no que participarán varias escolas de música da cidade, proxectos de inclusión e unha colaboración moi especial cunha escola de Paredes de Coura (Portugal).



Como previa ao evento principal, a organización do Incodefest ten preparada tamén dúas xornadas de relevancia cultural. Dunha banda, o xoves 22 de maio, terá lugar a Noite Boomer na Nasa, onde os grupos de adultos de Estudo Bonobo reuniranse para ofrecer un concerto conxunto nun pequeno e familiar espazo.

Doutra banda, á semana seguinte, o 29 de maio, celebrarase a Bonobo Live Sessions: Demon Days Live, na mesma Nasa. Trátase dunha cita-presentación dos vídeos que recollen as Live Session do alumnado das clases individuais de Estudo Bonobo que forman bandas por un día nunha proposta de estudio con ton profesional. Como cada ano, escóllese un disco ao que se lle fai tributo. Nesta ocasión interpretarán e versionarán temas da banda británica, Gorillaz.

Cómpre lembrar que o Incodefest é un festival único que naceu o pasado 2024, e que ten como principios fundamentais a innovación, cooperación, diversidade e inclusión. Nesta segunda edición, toda a programación musical e cultural dentro deste programa segue a ser de balde e quere dar un novo enfoque á forma de entender os festivais e os eventos culturais como parte integradora da nosa comunidade. Terá lugar na Alameda de Pontevedra na última fin de semana de maio.

O 30 de maio distintas bandas emerxentes da cidade coa participación de Xeración Sónica e o Local de Música. O sábado, 31 de maio, presentaranse en sociedade distintas propostas das escolas de música e artes de Pontevedra, proxectos de inclusión e outras propostas do país veciño, todo isto acompañado das actuacións doutras bandas profesionais de Galicia.

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Soulbeer

Rúa Alta, 9 - Bajo, 36002 Pontevedra

Está pasando!