This is a repeating event

Festas de San Roque 2024 en Vilagarcía

sáb17agoConsultarFestas de San Roque 2024 en VilagarcíaDeclaradas de Interese Turístico Nacional(Consultar: sábado) Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

As Festas de San Roque deste ano, nas que poderás gozar de 60 espectáculos nos 12 días das festas declaradas de Interese Turístico Nacional, serán do 14 ao 25 de agosto. 

As rúas encheránse de música cos concertos de Guadi Galego, Café Quijano, Antonio Carmona, Anni B. Sweet, sesións de Dj, Tributo a Queen, ópera, verbenas e pasarrúas, música da casa da man da Banda de Música, Longa, Somoza Trío, A Duendeneta, The Eskarallas, os Amigos do Acordeón; de circo e malabares do Festaclown; mollarémonos na Festa da Auga; desfrutaremos do Combate Naval e as carrozas…

Ademais, a Festa da Ameixa, a Noite Meiga, o Folk no Alobre, Ameixa Rock, as Revenidas, deporte, e moitas actividades para maiores e rapazada completan a programación do verán en Vilagarcía.

A partir do xoves 8 de agosto, podes recoller o programa impreso das Festas de San Roque no Auditorio, na casa consistorial, na biblioteca e na oficina de Turismo, para que podas planificar as súas festas e non perder unha, ou, se o prefires, tamén podes descargalo aquí.



A programación das Festas de San Roque 2024 é a seguinte:

MÉRCORES, 14 DE AGOSTO

  • 20:30 h. Pregón a cargo de Alberto Avendaño. Balcón da Casa Consistorial.
  • 21:00 h. Ofrenda floral ao santo na Praza de España.
  • 22:00 h. Fantasio na Rúa. Pinocho de Guillermo del Toro. Campo da Festa de Cea.
  • 22:30 h. Concerto de Guadi Galego no Parque da Xunqueira.
  • 23:30 h. Sesión DJ coa Duendeneta na Alameda.

XOVES, 15 DE AGOSTO

  • 11:00 – 12:30 h. Festividade de San Roquiño O Pequeno. Contorno da Capela de San Roque.
  • 11:00 h. Pasacalles polo Barrio de San Roque. Grupo de gaitas Os Terribles de Arousa.
  • 11:30 h. Misa de San Roquiño, cantada pola Coral Cortegada no Barrio de San Roque.
  • 12:30 h. Procesión San Roquiño, acompañada da Banda de Música e Os Terribles de Arousa. Ao finalizar, haberá viño e empanada.
  • 12:30 h. Pasacalles polas rúas da cidade. Grupos de gaitas A Queimada de Bamio.
  • 21:00 h. Concerto de Cruceiros Manzanares na Praza de Galicia.
  • 22:30 h. Concerto de The Eskarallas na Praza de Galicia.
  • 23:30 h. Festicultores Troupe. Rúas da cidade.

VENRES, 16 DE AGOSTO

  • 11:45 h. Traslado de San Roque desde a igrexa parroquial ata a capela de San Roque.
  • 12:00 h. Festa da auga. Zona húmida.
  • 20:30 h. Procesión de San Roque desde a capela ata a Praza de España.
  • 22:30 h. Verbena popular coa orquestra Trébol na Avenida da Mariña.

SÁBADO, 17 DE AGOSTO

  • 11:00 h. Pasacalles polas rúas da cidade. Grupo de gaitas A Nosa Señora da Xunqueira.
  • 10:30 – 13:00 h. XVIII Capítulo da Confraría do Viño Rías Baixas. Ravella – Salón García.
  • 12:00 h. Pequeno cabaré infantil. Rúa Castelao.
  • 17.00 – 23:00 h. Xira Nintendo Swiitch Tour 2024. Praza da II República.
  • 21:00 h. Pasacalles pola rúas da cidade. Grupo folclórico Mocedade da Torre 83.
  • 22:30 h. Concerto de Café Quijano no Parque da Xunqueira.

DOMINGO, 18 DE AGOSTO

  • 12:30 h. Pasacalles polas rúas da cidade. Grupo de gaitas Treboada de Guillán.
  • 17.00 – 23:00 h. Xira Nintendo Swiitch Tour 2024. Praza da II República.
  • 21:00 h. Pasacalles polas rúas da cidade. Grupo de gaitas Malveiras.
  • 21:00 h. Pasacalles pola rúas da cidade. Grupo folclórico Mocedade da Torre 83.
  • 22:30 h. Concerto de Anni B. Sweet no Parque da Xunqueira.

LUNS, 19 DE AGOSTO

  • 19:30 h. Animaclown. Tchimizayaguas (estrea en Galicia). Rúas da cidade.
  • 21:00 h. Pasacalles polas rúas da cidade. Agrupación folclórica Froallo.
  • 21.00 h. Animaclown. Meninas (estrea en Galicia). Rúas da cidade.
  • 22:30 h. Concerto Querida Montserrat, Querido Luciano. Parque da Xunqueira

MARTES, 20 DE AGOSTO

  • 11:00 h. Animaclown. Animarte (estrea). Rúas da cidade.
  • 12:30 h. Pasacalles polas rúas da cidade. Grupo de gaitas Airiños do Carril.
  • 12:30 h. Superroquiños. Máis Saaabor!. Praza de Ravella.
  • 19:30 h. Certame Festaclown. Burbuja. Praza de Galicia.
  • 21:00 h. Pasacalles polas rúas da cidade. Grupo de gaitas Lumarada de Cornazo.
  • 21:00 h. Mostra Festaclown. Sueños Encantados. Praza da II República.
  • 22:30 h. Concerto de Antonio Carmona. Parque da Xunqueira.

MÉRCORES, 21 DE AGOSTO

  • 11:00 h. Festaclown Social. Pepa a Loba. Parque Miguel Hernández.
  • 12:30 h. Superroquiños. Prohibido tocar “El segurata” (estrea). Praza de Ravella.
  • 19:30 h. Certame Festaclown. Crunch 2. Praza de Galicia.
  • 21:00 h. Pasacalles polas rúas da cidade. Grupo de gaitas e baile Mar de Arousa de Bamio.
  • 21:00 h. Mostra Festaclown. Chouf Le Ciel (estrea en Galicia). Praza da II República.
  • 22:30 h. Verbena popular coa orquestra Olympus. Avda. da Mariña.

XOVES, 22 DE AGOSTO

  • 11:00 h. Festaclown Social. A Nena Lentella. Parque Miguel Hernández.
  • 12:30 h. Superroquiños. O último que apague a luz. Praza de Ravella.
  • 19:30 h. Certame Festaclown. Mal de Tontos. Praza de Galicia.
  • 21:00 h. Pasacalles polas rúas da cidade. Grupo de gaitas e baile Nós de Sobradelo.
  • 21:00 h. Mostra Festaclown. Cataplúm! (estrea en Galicia). Praza da II República.
  • 21:00 h. Concerto de Longa. Ponte de Vista Alegre.
  • 23:00 h. Concerto de Somoza Trío. Ponte de Vista Alegre.

VENRES, 23 DE AGOSTO

  • 11:00 h. Festaclown Social. Somos Olímpicos (estrea). Parque Miguel Hernández.
  • 12:30 h. Superroquiños. Lila Star. Praza de Ravella.
  • 19:30 h. Certame Festaclown. Távole (estrea). Praza de Galicia.
  • 20:30 h. Músicas de Sempre. Amigos do Acordeón Rías Baixas. Salón García.
  • 21:00 h. Pasacalles polas rúas da cidade. Grupo de gaitas Os Trasnos de Guillán.
  • 21:00 h. Mostra Festaclown. Mute. Praza da II República.
  • 22:30 h. Sesión Música Electrónica. Renovation Experience con Dj Ricky Galende. Avda. da Mariña.

SÁBADO, 24 DE AGOSTO

  • 11:00 h. Festaclown Social. Contos de Lila. Parque Miguel Hernández.
  • 12:30 h. Pasacalles polas rúas da cidade. Grupo de gaitas Santa Plácida de Rubiáns.
  • 12:30 h. Superroquiños. Henriko, o Feiticeiro. Praza de Ravella.
  • 19:30 h. Certame Festaclown. Alone (estrea en Galicia). Praza de Galicia.
  • 21:00 h. Pasacalles polas rúas da cidade. Grupo de gaitas Brisas de Ulla.
  • 21:00 h. Mostra Festaclown. Maxia e humor (estrea en Galicia). Praza da II República.
  • 24:00 h. Combate Naval. Espectáculo pirotécnico. Praias da Concha – Compostela.
  • 00:30 h. Concerto Tributo Remember Queen. Avda. da Mariña.

DOMINGO, 25 DE AGOSTO

  • 19:30 h. Os Bolechas Deportistas. Praza de Galicia.
  • 21:30 h. Desfile de Carrozas polas rúas da cidade.


Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!