This is a repeating event

8º Galician Freaky Film Festival en Vigo

ven20setConsultar8º Galician Freaky Film Festival en VigoFestival Internacional de Cinema Freak e Fantástico de Vigo(Consultar: venres)

Detalles do Evento

O 20 e 21 de setembro e do 25 ao 28 de setembro celerabrase na Praza Elíptica, a oitava edición do Galician Freaky Film Festival, o Festival Internacional de Cinema Freak e Fantástico de Vigo.

O Galician Freaky Film Festival é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Ao longo de tres días, o festival amosará unha coidada selección nacional e internacional de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución.

Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con grandes estreas mundiais, internacionais e nacionais. É o único festival do mundo que subtitula todos os filmes estranxeiros en galego.

No GFFF poderás atopar terror e arrepío para que non durmas máis, friquismo do de verdade, humor ata que escache o diafragma, pezas que che van deixar o cu torcido e a mellor animación.



A inauguración da 8ª edición do festival virá ben cargada de acción e nostalxia. Para iso, o venres 20 ás 19:00 horas, nos Cinemas Tamberlick da Praza Elíptica, levarase a cabo unha dobre sesión de cine dos 80, coas proxeccións de ‘Terminator’ (1984) e ‘Pesadilla en Elm Street’ (1984).

O 21 de setembro volve o Pequefreak – O meu primeiro festival, un día completo dedicado ao público infantil e xuvenil. O C.C. Plaza Elíptica e as súas sedes (Apo’strophe.arte e Cines Tamberlick) acollerán este evento, único na nosa contorna, no que os máis cativos poderán iniciarse no marabilloso mundo do cinema freak e no que gozarán da experiencia de vivir o seu propio festival de cinema.



Proxectaranse 21 curtametraxes, 7 obras nunca vistas antes en Galicia e 3 delas inéditas en España. Haberá un obradoiro de FX’S, a cargo de Ricardo Spencer ás 10.30 horas. O broche final a esta xornada de cinema infantil será a proxección de ‘La Historia Interminable’ (1984).

Ademais nesta edición do GFFF celebrarase o venres 27 e sábado 28 a Feira Fantástica e Freak de Galicia no Centro Comercial Praza Elíptica, onde se poderá adquirir roupa, complementos, artesanía, ilustración, figuras, cómics…

Por primeira vez o Galician Freaky Film Festival, lanza o Concurso Tapas Fantásticas. Os negocios participantes ofrecerán tapas a un prezo de 5 euros.

Hora

Consultar (Venres)

Está pasando!