Gladiator Race Pontevedra

sáb04xuñConsultarGladiator Race Pontevedragladiator warrior e rocket(Consultar: sábado) Illa das Esculturas - Pontevedra

Detalles do Evento

Os días 4 e 5 de xuño, a Illa das Esculturas volve acoller unha nova edición da Gladiator Race Pontevedra.

A Gladiator Race transcorrerá por dous circuítos ao aire libre. Os participantes deberán elixir en cal participar no momento da inscrición. O primeiro, de +6km e +25 obstáculos denominarase Gladiator Rocket. O segundo, de aproximadamente 11 km e entre +35 obstáculos, chamarase Gladiator Warrior. Os corredores enfrontaranse a probas de auga, barro, xeo, lume, etc. que poñerán a proba a súa capacidade de superación.

  • Gladiator Warrior e Roket: Sábado 4 de xuño.
  • Gladiator Kids: Domingo 5 de xuño.

Prazas limitadas. As inscricións e elección de quenda realízanse a través de gladiatorraceoficial.es

Os prezos variarán segundo o tramo en que se atopen as inscricións.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Illa das Esculturas

Illa da Xunqueira, s/n, 36005 Pontevedra

Está pasando!