I Trofeo Internacional Vila de Portonovo de Kaiak de Mar

dom06out10:30I Trofeo Internacional Vila de Portonovo de Kaiak de Marg.p. deputación de pontevedra10:30 Concello de Sanxenxo - Sanxenxo

Detalles do Evento

Regresan da man da Semana Abanca as grandes competicións de piragüismo a Portonovo, onde o vindeiro domingo se celebrará a primeira edición do Trofeo Vila de Portonovo de Kaiak de Mar co Gran Premio Deputación de Pontevedra en xogo, e co apoio do Concello de Sanxenxo, así como da Xunta de Galicia.

Non faltaron á cita no Náutico, os clubs que organizadores desta cita que pretende ser iniciar a senda da volta da antigüa vila pontevedresa aos grandes eventos de piragüismo: o Club de Piragüismo de Portonovo que preside Alberto Rodríguez, o Náutico de Portonovo con Javier Ruiz de Cortázar á fronte, o Olívico de Vigo que preside José Besada e o Marítimo de Vigo con Zulema Prado de presidenta. Un comité que está presidido por Marcos Guisasola, concelleiro de deportes de Sanxenxo e deputado provincial na Deputación de Pontevedra; e que contou nesta ocasión co decidido apoio e a presenza de Alfredo Bea, presidente da Federación Galega.


Presentación do Trofeo Internacional Vila de Portonovo de Kaiak de Mar | © Concello de Sanxenxo

Nos momentos de redactar esta crónica xa hai confirmación na FEGAPI que 124 embarcacións están rexistradas, nas que competirán uns 160 padeeiros… con dous trazados diferentes: os cadetes que comezarán a súa competición ao fío das doce da mañá sobre 5.000 metros, e os xuvenís, seniors e máster que o farán xusto no dobre en 10 kilómetros.

Os percorridos previstos que foron deseñados por Alberto Rodríguez e José Besada son realmente belos, e hai moito interese nos padeeiros o volver a estes trazados: os maiores partirán ás dez e media da mañá da praia de Major, para pasar polo faro de Picamillo e entrar na bela praia de Baltar no centro do litotal de Portonovo.



Pola súa banda os cadetes sairán da praia de Baltar, para efectuar a 2.500 na punta Faxilda unha ciaboga e retornar a Portonovo. Á unha e media da tarde está prevista na zona de praia, onde se atopa a sede do Club Piragüismo de Portonovo, que se celebre a entrega de medallas e por tanto clausura da competición.

Por parte da zona noroeste hai un total de 24 clubes rexistrados: pola provincia de Zamora o Sangregorio Piragua Ciudad de Zamora. Pola zona norte Cabanas, Miño, Noia, Cambre, Narón e Rianxo… pola provincia de Ourense o Fluvial do Barco de Valdeorras e pola sur Breogán do Grove, Olívico de Vigo, Pescadores de Portonovo, Piragüismo Cambados, Poio Conservas Pescamar, Kayak Vigo que con 27 embarcacións é o que ostenta a máis numerosa frota entre os clubs participantes, Tudense, Cobres, Ribadumia, Illa de Arousa, Río Verdugo, Piragüismo Vilagarcía e Real Club Náutico Rodeira de Cangas.

Hora

(Domingo) 10:30

Localización

Concello de Sanxenxo

Está pasando!