Premios Youtubeiras+ 2024

mar24setConsultarven15novPremios Youtubeiras+ 2024'Fachenda ao cadrado'(Consultar) Actividade online -

Detalles do Evento

Os Premios Youtubeiras renacen como Premios Youtubeiras+ ao abrir a participación ás persoas creadoras de contidos en galego en TikTok


O prazo de inscrición está aberto desde o 24 de setembro ata ás 23.59 horas do 15 de novembro. Poden participar todas as persoas maiores de 14 anos con canles de YouTube e/ou TikTok autoproducidas.

A oitava edición dos premios desenvólvese baixo o lema “Fachenda ao cadrado”, que resume os obxectivos desta convocatoria onde os Premios Youtubeiras renacen como Premios Youtubeiras+ ao abrir o seu alcance ás creacións en galego en TikToK. Os galardóns amplían, deste xeito, o seu campo de acción, modifican as súas bases e mudan as categorías nas que se dividen.

Os premios, cuxas bases xa están publicadas en www.youtubeiras.gal, repartirán 7500 euros entre as persoas gañadoras de sete categorías: canle de Youtube, canle de Tiktok, creación de contidos, revelación, calidade lingüística, rede e premio do público.



Datos de edicións anteriores

En 2023, participaron 68 canles de YouTube con vídeos que supuxeron máis de 32.000 novos minutos en galego en YouTube. Isto supuxo abrir novos camiños para a lingua, pero tamén para a creación artística, para a divulgación e para o tratamento dunha gran variedade de temas.

O repaso de cifras desde a posta en marcha de Youtubeiras…

En 2017, ano da primeira edición, rexistrouse unha participación de 202 vídeos, mentres que en 2020 se acadaron os 536. A partir de 2021, os galardóns centráronse nas canles máis que no groso dos vídeos. Así, en 2021 presentáronse 38 canles e en 2022 concorreron 75.

O xurado e formación

O xurado dos Premios Youtubeiras+ estará conformado por Andrea Villa, xornalista e produtora; Carlos Callón, escritor, profesor e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística; Iago Gordillo, realizador audiovisual e gañador do Premio Youtubeira 2023; Mónica Valencia, técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ourense, e Sara Varela, guionista, realizadora e produtora audiovisual.

As actividades formativas de Youtubeiras+, xa que este proxecto un ano máis transcende os lindes da convocatoria dos premios, terán o título Fiadeiros dixitais. Impartiranse obradoiros en centros de ensino medio dos concellos organizadores e campus universitarios cos obxectivos de dar a coñecer o que se se está a facer na Rede no noso idioma, mostrar referentes, incentivar a creación de vídeos en galego e fomentar o seu consumo nas novas xeracións. Estes obradoiros serán impartidos por Mario Brión, coñecido pola súa canle Olaxonmario; María Rúa, da canle Pradorua; Nuria Espasandín e Sergio Casal, da canle Toxío; Laura Veiga, da canle Pingando, e Carlos Vieito, presentador do podcast de vídeo Exército Mekemeke

Youtubeiras+ é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.

Hora

Setembro 24 (Martes) - Novembro 15 (Venres)

Localización

Actividade online

Está pasando!