This is a repeating event

LXV Festa da Lamprea de Arbo

sáb26abrConsultarLXV Festa da Lamprea de Arbo25, 26 E 27 DE ABRIL DE 2025(Consultar: sábado) Concello de Arbo - Arbo

Detalles do Evento

A última fin de semana de abril os hostaleiros, adegueiros e habitantes do Concello de Arbo celebran a súa festa por excelencia, que atrae a visitantes de todas partes nunha cita ao redor da cultura da lamprea que ten o prestixio de ser a festa gastronómica máis antiga de Galicia.

Trátase da Festa da Lamprea, que neste ano 2025 cumpre 65 anos. Nela os restaurantes da zona fan gala da súa boa man cociñándoa por exemplo ‘á arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas.

Durante estes días poderase degustar nos postos habilitados en Arbomostra a lamprea nas súas diferentes variedades, acompañada dos mellores viños da D.O. Rías Baixas, mentres se goza das diversas actividades que propiciarán un ambiente festivo apto para todos os públicos.

A LXV Festa da Lamprea, unha das citas gastronómicas máis esperadas e recoñecidas de Galicia, que terá lugar os días 25, 26 e 27 de abril, sumará un capítulo máis na historia de Arbo cun programa que une gastronomía, tradición e cultura nun evento declarado de Interese Turístico Internacional.

Unha tradición consolidada froito da ilusión dunha vila por facer do seu principal sinal de identidade, ademais dun motivo de celebración, o eixo principal da promoción da calidade dos seus produtos.



A programación da LXV Festa da Lamprea é a seguinte:

VENRES 25 DE ABRIL

  • 17:30 h. Inauguración oficial de ARBOMOSTRA 2025
  • De 18.00 a 24.00 h. Visitas a ARBOMOSTRA
  • 18:00 h. Pasarrúas a cargo da Charanga “NOROESTE”
  • 21:00 h. Actuación do grupo “MEL DE MEIGA” na carpa ARBOMOSTRA
  • Pola noite gran verbena coas orquestras NEW YORK na Praza Consistorio e SATÉLITES na Rúa Luis Cubelas

SÁBADO 26 DE ABRIL

  • De 11:00 h. a 24:00 h. Visitas a ARBOMOSTRA 2025
  • 11:00 h. Pasarrúas a cargo da BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ARBO
  • 12:00 h. Concerto pola BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ARBO, na Praza Consistorio
  • 12:30 h. Recepción de autoridades no Concello
  • 13:00 h. Pregón
  • 13:30 h. Interpretación de himnos pola BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ARBO, na Praza Consistorio
  • 14:00 h. Actuación do grupo “O SON DAS TABERNAS” na carpa ARBOMOSTRA
  • 15:00 h. Xantar da Lamprea
  • 17:00 h. Pasarrúas a cargo da Charanga “CANTOS SOMOS”
  • 19:00 h. Actuación do grupo folclórico “A.C. A BARCA DE LOIMIL”, na Praza Consistorio
  • 20:30 h. Actuación do grupo PEPE PIÑA e OS ROBISON, na carpa ARBOMOSTRA
  • Pola noite gran verbena coas orquestras CUARTA CALLE na Praza Consistorio e GRAN PARADA na Rúa Luis Cubelas

DOMINGO 27 DE ABRIL

  • De 11:00 a 22:00 h. Visitas a ARBOMOSTRA 2025
  • 11:30 h. Pasarrúas a cargo da Charanga “ENCERELLADOS”
  • 12:00 h. Pasarrúas e CONCERTO pola Banda de Música “UNIÓN MUSICAL DE VALLADARES”, na Praza Consistorio
  • 13:30 h. Actuación do grupo “A XAIBA”, na carpa ARBOMOSTRA
  • 17:00 h. Pasarrúas a cargo da Charanga “ENCERELLADOS”
  • 18.30 h. Actuación do grupo “PRISMA”, na carpa ARBOMOSTRA
  • Pola noite gran verbena coas orquestras COMBO DOMINICANO na Praza Consistorio CHARLESTON BIG BAND e na Rúa Luis Cubelas.


Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Arbo

Está pasando!