'Máis saaaabor!' de Culturactiva en Vilaboa

sáb20xul20:00'Máis saaaabor!' de Culturactiva en VilaboaCultura no Camiño 202420:00 Concello de Vilaboa - Vilaboa

Detalles do Evento

Logo de 200 funcións con ‘Saaabor!’ chega ao Alcouce de Figueirido (Vilaboa), unha nova proposta cómica dirixida por Avelino González e protagonizada por Félix Rodríguez e Fran Rei sobre o mundo da gastronomía e a alimentación saudable.

‘Máis Saaabor!’ mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. A nova cociña mundial abre o seu novo establecemento na vosa localidade e ides ter que probalo!

Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño 2024.

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Concello de Vilaboa

Está pasando!