'Molly y el gigante' en Vigo

ven22dec18:00'Molly y el gigante' en Vigo IX FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL18:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

Dentro da programación do IX Festival Pequeártiko de Nadal, o venres 22 de decembro ás 18:00 horas, a Sala Ártika acolle o espectáculo ‘Molly y el gigante’, da compañía La Machina Teatro.

Baseado nun conto tradicional inglés, o espectáculo é unha adaptación teatral para unha actriz e un actor que recrean, a través de elementos cotiáns e dun xeito moi divertido, unha historia que nos fala de reencontros, do paso do tempo, do enxeño e do valor. Coma se dun xogo se tratase, vemos coma as personaxes comezan a utilizar as cousas que teñen ao seu alcance dotándoas de vida para contar as aventuras de Molly á vez que nos amosan quen son eles.

Combinando técnicas diversas (interpretación, manipulación de obxectos e narración oral) ofrécennos un relato dentro doutro, ao xeito das bonecas rusas.

Molly e as súas dúas irmás camiñan polo bosque, mortas de fame, e refúxianse nunha casa sen saber que aló habita un terrible xigante. Fará falla ser moi decidida, Valente e enxeñosa para vender a un inimigo tan perigoso.



IX FESTIVAL PEQUEÁRTIKO DE NADAL

Un ano máis, os máis pequenos e pequenas da casa seguen tendo un espazo destacado na programación de decembro da Sala Ártika grazas ao IX Festival Pequeártiko de Nadal que terá lugar do 22 ao 31 de decembro e que conta cada vez cunha mellor acollida, tanto entre as compañías que presentan os seus espectáculos para participar nel como entre o público asistente.

Este festival está formado por 9 espectáculos de nove compañías de todo o territorio nacional que ofrecerán ao máis cativos da casa 12 representacións de teatro, títeres, e danza. Unha programación variada para gozar das artes escénicas en familia.

As entradas para cada un dos espectáculos do IX Festival Pequeártiko de Nadal que terán lugar na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 10 euros ou 8 euros + gastos de xestión en artikavigo.com



A programación do IX Festival Pequeártiko de Nadal é a seguinte:

‘MOLLY Y EL GIGANTE’ de LA MACHINA TEATRO

  • Data: Venres 22 de decembro ás 18:00 horas
  • Idade recomendada: +4 anos
  • Duración: 50 min

‘TRAS LOS PASOS DE PETER PAN’ de TEATRE DE LA CAIXETA

  • Data: Sábado 23 de decembro ás 12:00 e ás 18:00 horas
  • Idade recomendada: +4 anos
  • Duración: 50 min

‘FEO!’ de CARAMUXO TEATRO

  • Data: Domingo 24 de decembro ás 12:00 horas
  • Idade recomendada: +3 anos
  • Duración: 50 min

‘A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ’ de TEATRO DEL ANDAMIO

  • Data: Martes 26 de decembro ás 18:00 horas
  • Recinto: Sala Ártika
  • Idade recomendada: +3 anos
  • Duración: 55 min

‘O XARDÍN DE VILAGRIS’ de FULANO MENGANO E CITANO

  • Data: Mércores 27 de decembro ás 18:00 horas
  • Idade recomendada: +6 anos
  • Duración: 55 min

‘SUPERCHICA’ de BAMBALÚA TEATRO

  • Data: Xoves 28 de decembro ás 18:00 horas
  • Idade recomendada: +5 anos
  • Duración: 60 min

‘AUPAPÁ’ de ZIG ZAG DANZA

  • Data: Venres 29 de decembro ás 17:00 e ás 19:00 horas
  • Idade recomendada: de 0 a 3 anos
  • Duración: 35 min

‘BURBUJA’ de TITERES SIN CABEZA

  • Data: Sábado 30 de decembro ás 17:00 e ás 19:00 horas
  • Idade recomendada: de 0 a 3 anos
  • Duración: 35 min

‘A NENA E OS TRES OSOS’ de MIGALLAS TEATRO

  • Data: Domingo 31 de decembro ás 12:00 horas
  • Idade recomendada: de 6 meses ata 8 anos
  • Duración: 35 min

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!