This is a repeating event

'Neura' de De Ste Xeito Producións en Vigo

dom27out20:00'Neura' de De Ste Xeito Producións en VigoV Festival 'Comediártiko'20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 26 e domingo 27 de outubro, De Ste Xeito Producións porá en escena a comedia ‘Neura’, dentro do V ciclo de comedia ‘Comediártiko’ que acolle a Sala Ártika de Vigo.

‘Neura’ é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

‘Neura’ non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos.

Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudoterapias fai que se reencontren cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

‘Neura’ é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.

Entrada anticipadas á venda a 10 euros (+gastos de xestión) en artikavigo.com, dispoñibles ata 24 horas antes da primeira función e en taquilla a 14 euros (entrada xeral).



V FESTIVAL COMEDIÁRTIKO

Do 19 de outubro ao 25 de novembro, agardan por ti diferentes citas humorísticas no V ciclo de comedia ‘Comediártiko’ que acolle a Sala Ártika de Vigo.

Compañías de todo o territorio estatal e galego súmanse un ano máis a programación máis divertida da Sala Ártika. Tarambana Teatro (Madrid), Producciones Circulares (Sevilla) e Compañía Utopian (Getxo) achegarán os espectáculos ‘Paella’, ‘¿Y ahora qué?’ e ‘Charco a la vista’ respectivamente sendo esta última, a vasca, a única destinada a público familiar.

A compañía galega De Ste Xeito Producións achega o seu último espectáculo ‘Neura’ e Ártika Cía estrea o seu novo espectáculo ‘Non pasarán’ o derradeiro fin de semana de novembro.

A Panadaría volven traer o seu espectáculo ‘As que limpan’ tras o éxito do ano pasado onde colgaron o cartaz de entradas esgotadas en todas as súas funcións.

Por último, e como novidade este ano, inclúese un espectáculo dentro da programación Off con Atenea García e o seu monólogo ‘Vicio houbo sempre’.

As entradas xa están á venda en artikavigo.com.



‘PAELLA’ – TARAMBANA TEATRO (MADRID)

‘Paella’ é unha comedia de autor onde o que realmente conta é o feito teatral a través da mestura de linguaxes escénicas, cunha aparente ausencia de trama e unha combinación de temas: igualdade de xénero, conflitos persoais, laborais, culturais, existenciais…

Un espectáculo contemporáneo en clave de humor cun pulso trepidante que nos impide baixar do escenario ata que cae o pano.

Datas:

  • Sábado 19 de outubro ás 20:00h.
  • Domingo 20 de outubro ás 20:00h.

Prezo:

  • Venta online: Entrada anticipada: 11 euros + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
  • En taquilla: Entrada xeral: 15 euros

Idade recomendada: + 12 anos

Duración: 85 min

Formato: mediano

Ficha artística:

  • Dirección: Víctor Velasco
  • Dramaturxia: Davíd Fernández “Fabu”
  • Elenco: David Fernández “Fabu” e Nerea Moreno
  • Composición musical: Momo Cortés
  • Deseño de iluminación: Lola Barroso


‘NEURA’ – DE STE XEITO PRODUCIÓNS

‘Neura’ é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos.

Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudoterapias fai que se reencontren cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.

Datas:

  • Sábado 26 de outubro ás 20:00h
  • Domingo 27 de outubro ás 20:00h

Prezo:

  • Venta online: Entrada anticipada: 10 euros + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
  • En taquilla: Entrada xeral: 14 euros

Idade recomendada: + 12 anos

Duración: 75 min

Formato: pequeno

Ficha artística:

  • Dramaturxia e dirección: Manuel Pombal
  • Elenco: Stephy Llaryora e Sergio Macías


‘CHARCO A LA VISTA’ – UTOPIAN (País Vasco)

Uxue, quere saír despois de chover a dar un paseíño e atópase con charcos por todos os lugares. Como pasea? Ocórrenselle nove formas de non pisar un charco, pero ao mesmo tempo a tentación de pisalos está aí, aí mesmo.

Mirar tanto a auga lévalle a pensar tamén nove xeitos de recoller a auga para non desperdiciala. En fin, un día marabillosamente acuático, sobre todo cando Ekaitz aparece coa súa bicicleta e invítaa a pisar… os charcos. Piso o charco ou salto o charco? Di contrariada Uxue. Tomará unha decisión “coa cabeza” como lle din a súa nai e o seu pai: “Pensa coa cabeza Uxue, coa cabeza”.

Datas:

  • Sábado 02 de novembro ás 18:00h
  • Domingo 03 de novembro ás 18:00h

Prezo:

  • Venta online: Entrada anticipada: 8 euros + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
  • En taquilla: Entrada xeral: 10 euros

Idade recomendada: De 5 a 7 anos

Duración: 50 min

Formato: pequeno

Ficha artística:

  • Uxue: Haizea Baiges
  • Ekaitz: Unai Baiges
  • Cocodrila/ San Beranrdo/ Ama: Arrate Nuñez
  • Dirección: Carlos Baiges
  • Axudante de dirección: Arantxa Iurre
  • Dramaturxia: Arantxa Iurre


‘VICIO HOUBO SEMPRE’ – ATENEA GARCÍA – Dentro da programación OFF no ambigú da Sala Ártika

Os últimos anos Atenea García estivo recollendo historias de vida de mulleres de máis de 80 anos que moitas veces remataban falando de pracer e de sexualidade. A primeira conversa naceu cunha frase: “Vicio houbo sempre, gracias a Dios!” E logo seguíronlle outras tantas: “Eu nacín moi cedo”, “Iso antes non che era así” ou “Ai, se fora hoxe…”.

Así as mulleres foron falándolle de todas esas cousas supostamente prohibidas e deixando entrever que aquilo de chegar virxe ao casamento pasaba ás veces pero outras non, que sempre houbo vida nas marxes! Atenea recolleu as súas historias e preséntaas nesta proposta de narración oral para adultas.

Data: Sábado 02 de novembro ás 20:30h

Prezo:

  • Venta online: Entrada Anticipada: 10 euros + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
  • En taquilla: Entrada Xeral: 14 euros

Idade recomendada: público adulto

Duración: 50 min


‘AS QUE LIMPAN’ – A PANADARIA

Un cartel pendurado no manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador.

‘As que limpan’ fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

  • Premio do Público na Mostra de Teatro Galego de Cariño 2022
  • Premio a Mellor Espectáculo de Sala na Feria de Teatro de Castilla y León 2022
  • Premio María Casares a Mellor Espectáculo 2023
  • Premio María Casares a Mellor Dirección 2023
  • Premio María Casares a Mellor Texto Orixinal 2023
  • Premio María Casares a Mellor Actriz Protagonista (Noelia Castro) 2023
  • Premio do público da Mostra Internacional de Ribadavia 2023

Datas:

  • Sábado 09 de novembro ás 20:00h
  • Domingo 10 de novembro ás 20:00h

Prezo:

  • Venta online: Entrada anticipada: 12 euros + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
  • En taquilla: Entrada xeral: 16 euros

Idade recomendada: + 10 anos

Duración: 80 min

Formato: grande

Ficha artística:

  • Creación e interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
  • Apoio dramatúrxico: Paula Carballeira
  • Música orixinal: Ailén Kendelman


‘¿Y AHORA QUE?’ – PRODUCCIONES CIRCULARES (ANDALUCÍA)

A todos nos gusta o teatro, aínda que quedarse pechado nunha sala durante a noite, pode traer sorpresas.

Nestas circunstancias, o espazo transfórmase: o ir e vir do público, dos técnicos ou do persoal da sala e as compañías queda substituído pola escuridade absoluta, as portas pechadas, os ruídos misteriosos e o triscar da madeira do vello escenario.

O xa de por si pouco edificante panorama–, é un teatro ou un búnker?, non hai cobertura!– Complícase si, de repente, decátaste de que non estás só. E claro, do susto inicial pasas á incomodidade, e de aí, á constatación de que te ves obrigado a manter unha convivencia forzosa- durante as horas que resten ata o amencer-, cunha completa descoñecida.

Mentres vos ides coñecendo e buscando solucións a unha improbable saída, a madrugada avanza tinguida de sorpresas, misterios, trampas e improvisados homenaxes á historia do teatro. É entón cando pensas con inquietude, tras cada acontecemento, e agora que?

Datas:

  • Sábado 16 de novembro ás 20:00h
  • Domingo 17 de novembro ás 20:00h

Prezo:

  • Venta online: Entrada anticipada: 11 euros + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
  • En taquilla: Entrada xeral: 15 euros

Idade recomendada: + 14 anos

Duración: 80 min

Xénero: comedia

Formato: mediano

Ficha artística:

  • Dirección: Antonio Campos
  • Texto: Branko Djuric
  • Traducción e adaptación: Bernabé Rico e Antonio Campos
  • Interpretación: Candela Fernández e Juanfra Juárez coa colaboración especial de José María Peña


‘NON PASARÁN’ – ÁRTIKA CIA (ESTREA)

Nós, fillos e fillas das democracias forxadas despois da derrota dos fascismos no século XX, procedentes de clases traballadoras que vimos como os nosos pais e nais deixaban a pel por darnos unha educación que nos permitise unha posibilidade de ascenso social, sobrevivintes ás sucesivas crises que nos levaron a poñer en dúbida todo aquel soño dunha sociedade máis igualitaria, podemos observar como nos últimos anos o ascenso de discursos populistas de extrema dereita non deixan de aparecer ao longo do mundo, acadando cotas de poder inimaxinables hai só uns anos. Trump, Bolsonaro, Milei, Meloni…figuras case que semellan saídas dunha sorte de farsa entolecida pero que foron quen de convencer a unha enorme masa de votantes para que os levasen ao poder.

O proxecto teatral ‘Non Pasarán’ xorde como unha resposta creativa e comprometida ante os desafíos políticos e sociais do noso tempo. Nun contexto marcado polo rexurdimento de ideoloxías autoritarias e o crecemento de movementos antidemocráticos, esta obra eríxese como un faro de resistencia e conciencia, destinado a iluminar as sombras do pasado e do presente.

‘Non Pasarán’ busca non só entreter ao público, senón tamén desafiar as súas percepcións, estimular a súa imaxinación e mover os seus corazóns.

Datas:

  • Sábado 23 de novembro ás 20:00h
  • Domingo 24 de novembro ás 20:00h

Prezo:

  • Venta online: Entrada anticipada: 13 euros + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
  • En taquilla: Entrada xeral: 16 euros

Idade recomendada: + 16 anos

Duración: 70 min aprox

Xénero: comedia

Idioma: galego

Formato: grande

Ficha artística:

  • Dirección: Tito Asorey
  • Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey
  • Elenco: Fernanda Barrio, Marcos Alonso, Martín Maez e Rocío Salgado.
  • Deseño de iluminación: Laura Iturralde
  • Escenografía: Carlos Alonso
  • Produción: Anxo Fernández

Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!