‘Noites de Teatro’ con Dramiño, en Salvaterra de Miño

mér23xul22:00‘Noites de Teatro’ con Dramiño, en Salvaterra de Miño‘Dramiño D’Ronda’22:00 Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

O Verán Cultural de Salvaterra de Miño comeza o 21 de xullo coa xira ‘Dramiño D’Ronda’ a cargo do grupo de teatro Dramiño que neste 2025 percorrerá 8 das 17 parroquias da vila de Salvaterra de Miño levando o seu espectáculo ‘Noites de Teatro’ por todas elas.

Un espectáculo que promete unha hora de diversión e moitas risas, e que non deixará indiferente a ninguén. Nun formato de microteatros ou monólogos, Dramiño achega o seu traballo as distintas casas culturais con claro fin: “Levar a cultura do teatro por todo o noso concello”.

Dramiño promete programación diversa entre parroquias veciñas para que se o público desfruta do espectáculo poida voltar a facelo cunha proposta distinta noutra data da xira.

Uma, Lira, Leirado, Corzáns, Fornelos, Arantei, Alxén e Cabreira son as parroquias polas que rondará Dramiño este verán, con promesa de pasar polas restantes no Verán Cultural 2026.

Hora

(Mércores) 22:00

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!