'Novas Tolemaxias' co Mago Teto en Bueu

lun29dec19:00'Novas Tolemaxias' co Mago Teto en BueuNadal Bueu 202519:00 Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

O Concello de Bueu organiza o luns 29 de decembro o espectáculo ‘Novas Tolemaxias’ da man do Mago Teto.

Un espectáculo de 90 minutos destinado a todos os públicos, que terá lugar ás 19.00 horas na carpa das Lagoas.

Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos seus espectáculos, como a música en directo, o teatro, a danza… na ‘Maxia da Santa Compaña’ e ‘O Afiador’, o Mago Teto retorna a esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novidosos tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación…) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla.

E esta menestra ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobretodo, cheo de ilusión e de ilusións.

Hora

(Luns) 19:00

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!