'O tranvía Leonardo' de Fantoches Baj en Vilaboa

dom28xul20:00'O tranvía Leonardo' de Fantoches Baj en Vilaboacultura no Camiño 202420:00 Concello de Vilaboa - Vilaboa

Detalles do Evento

Fantoches Baj chega a Postemirón co espectáculo de teatro ‘O tranvía Leonardo’, dentro do programa Cultura no Camiño 2024.

Pepe Tafall, xefe do tranvía de Marín a Pontevedra e ademáis cómico amador e dramaturgo, conta a historia do tranvía Leonardo desde o seu nacemento en Bruxelas ata a súa vellez, coa intención de que o propietario, o Marques de Riestra, o xubile e lle dea o seu merecido retiro.

Ademáis das historias do tranvía Leonardo, Tafall, conta algunhas das anécdotas máis simpáticas dos seus tripulantes: Moncho o maquinista e Ramón o do fogón; e dalgúns dos seus pasaxeiros mais famosos: Xosé Echegaray, o médico Guillermo, a cega Morcega, a mestra Trini Trapa e o “loro Ravachol”.

Neste espectáculo para os máis pequenos a participación do público é contínua.

Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Concello de Vilaboa

Está pasando!