Obradoiros creativos ‘Pontevedra debuxada'

sáb04out11:30sáb13:30Obradoiros creativos ‘Pontevedra debuxada'proxecto de ilustración, espazo público e infancia11:30 - 13:30 Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

‘Pontevedra Debuxada’ é un proxecto de Taller Abierto e o Concello de Pontevedra no que se une ilustración, espazo público e infancia en tres obradoiros de ilustración para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Trátase dunha actividade de balde que ten o obxectivo de achegar a cidade á ollada dos máis cativos e de poñer en valor o traballo de tres creadoras estreitamente vencelladas coa Boa Vila.

As tres xornadas desenvolveranse o sábado 27 de setembro na Praza de Abastos, de 11.30 a 13.30 horas; o sábado 4 de outubro no Pazo da Cultura, de 11.30 a 13.30 horas; e o sábado 11 de outubro, no Edificio Castelao, de 11.30 a 13.30 horas.

É necesario reservar previamente, pois as prazas son limitadas, e as solicitudes de inscrición pódense realizar dende xa a traves do espazo Apúntate habilitado na páxina web do Concello.

As tres protagonistas dos monográficos, que tamén estiveron presentes durante a presentación, son Aida Alonso, quen foi finalista en diversos certames de ilustracion e máis autora do cartel da vixésimo segunda edicion do Salón do Libro de Pontevedra; Natalia Umpiérrez, deseñadora gráfica que traballou en proxectos internacionais como a galardoada peza audiovisual ‘Unicorn Wars’; e Paula Cheshire, debuxante de cómics e nominada ao Premio Follas Novas este 2025.

Os traballos da cativada serán entregados ás artistas para que sirvan de inspiracion para unha ilustración final.

Hora

(Sábado) 11:30 - 13:30

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!