‘Os contos de Lobicán’ en Sanxenxo

sáb10mai18:00‘Os contos de Lobicán’ en Sanxenxoprogramación cultural 'Sanxenxo no foco'18:00 Auditorio Emilia Pardo Bazán - Sanxenxo

Detalles do Evento

O sábado 10 de maio, ás 18:00 horas, a programación cultural ‘Sanxenxo no foco’ trae ao Auditoiro Emilia Pardo Bazán ‘Os contos de Lobicán’, unha obra de teatro adaptación do libro do mesmo título escrito pola veciña de Sanxenxo Eva Mejuto, gañadora do XV Premio Barriga Verde 2002.

‘Os contos do Lobicán’ é un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.

O espectáculo está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a trasmitir os valores anteriormente mencionados.

A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, a función convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.



‘SANXENXO NO FOCO’

O Concello de Sanxenxo estrea unha nova programación cultural ‘Sanxenxo no foco’ no Auditorio Emilia Pardo Bazán.

O obxectivo é ofrecer unha proposta enriquecedora e accesible para todos os públicos, a través de eventos artísticos de calidade que inclúan música, teatro, danza, cinema e actividades educativas.

A programación irase dando coñecer trimestralmente e arrincará o domingo 16 de marzo, ás 17:30 horas coa obra musical infantil e familiar, ‘Os tres porquiños’, incluída dentro do Circuito +Escénicas da Deputación de Pontevedra.

29 de marzo, ás 17:30 horas, O Mago Paco toma a substitución coa súa obra musical e infantil. O mago Paco encarna a figura de presentador do prestixioso programa ‘Xoga e Maxia’ onde a través de probas, os participantes competirán para levar ás súas casas algún agasallo. Realidade ou ficción?

Sonsgalia ofrecerá un concerto o 13 abril ás 18 horas con versións de música celta, bandas sonoras, pop, rock e jazz. Sutileza nos arranxos, virtuosismo na interpretación e unha coidada estética son os seus sinais de identidade.

25 de abril, ás 21 horas, o actor Xosé A. Touriñán, presentará en Sanxenxo o seu monólogo ‘Aquí tou!’. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida.

10 de maio, ás 18 horas, será a quenda de ‘Os contos de Lobicán’, unha obra de teatro adaptación do libro do mesmo título escrito pola veciña de Sanxenxo Eva Mejuto, gañadora do XV Premio Barriga Verde 2002.

O 24 de maio, o Auditorio acollerá un concerto de Pancho Varona, ás 21 horas. Guitarrista e compositor español coñecido por acompañar desde principios dos anos 80 ao cantautor Joaquín Sabina.


Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Auditorio Emilia Pardo Bazán

Rúa Miraflores, 3 - 36960 Sanxenxo

Está pasando!