'Os tres porquiños' en Vigo

dom16nov12:00'Os tres porquiños' en Vigounha obra musical con bonecos a tamaño real 12:00 Teatro-Cine Salesianos - Vigo

Detalles do Evento

‘Os tres porquiños’ é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a figura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos.

Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.

Duración: 55 minutos + fotos ao final cos protagonistas.

Idade recomendada: a partir de 2 anos.

Dobre función: 12:00 e 17:00 horas.

Entradas anticipadas á venda dende 13,20 euros en Ataquilla.com

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro-Cine Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo

Está pasando!