Pepo Suevos presenta 'Á Caída!' en Caldas de Reis

sáb13xul21:30Pepo Suevos presenta 'Á Caída!' en Caldas de ReisEstá en crise a comedia? 21:30 Concello de Caldas de Reis - Caldas de Reis

Detalles do Evento

O programa Cultura no Camiño trae ata a Praza das Palmeiras de Caldas de Reis o espectáculo ‘Á Caída!’, a cargo de Pepo Suevos.

Está en crise a comedia? Miña nai, esperemos que non! É moi necesaria para soportar o “mundo real”. E ademáis, son moitos os que viven por e para a risa. Pero si que é certo que hai unha certa tendencia nos últimos tempos a meterse con ela, a censurala, a criticala… Está, por exemplo, o famoso tema dos límites, aquel “con que se pode facer humor e con que non”. Debates internacionais, hai con isto. Pero temos máis. Dun tempo para aquí escóitase moito a frase “todos fan máis ou menos o mesmo, falan do mesmo e usan os mesmos chistes”. Respectable opinión tamén. Ou aquilo de “iso faino calquera”.

Total, só hai que ter un texto simpático e apréndelo”. Moi ben. Outro estacazo para o oficio, pero igual de respectable. Agora ben, feita a lei, feita a trampa. Contra o veleno, o antídoto. Cando ti vas, eu veño de alí… Todo isto é o que pensa Pepo Suevos, e por iso decidiu sacar un novo espectáculo no que derruba estes tres piares da crítica desde o primeiro segundo.

Un espectáculo totalmente improvisado, no que, xa que logo, non existe texto que aprender. Un espectáculo interactivo, no que a información que ofreza o público será a que irá compoñendo o contido, así que no caso de tocar temas escabrosos, o público será o culpable (ou cando menos, cómplice). E por suposto, se se tratan os temas “de sempre”, será o auditorio o que peque de pouco orixinal, e nunca o tipo do escenario, que ten que estar áxil e receptivo para que a pelota non caia ó chan.

A todo isto, ímoslle sumar que está de moda o da improvisación, con gran proliferación de compañías que fan teatro a partir de xogos con aportacións do público. Así que Pepo Suevos recolle todo isto e presenta un show aberto, atrevido, arriscado e sobre todo, moi divertido, no que cada función será única, xa que todo o que aconteza durante o espectáculo, irá xurdindo ‘Á Caída’. Vaiano ver, non sexan tímidos.

Hora

(Sábado) 21:30

Localización

Concello de Caldas de Reis

Está pasando!