Píscore presenta 'Molto Barroco' en Vilaboa

ven22dec20:00Píscore presenta 'Molto Barroco' en Vilaboaprograma 'tornar ás táboas'20:00 Casa da Cultura de Río Maior - Vilaboa

Detalles do Evento

Volve un dos grupos máis divertidos de Galicia para todas as idades co seu proxecto máis ambicioso. Píscore desenvolve a súa potencialidade nun espectáculo cunha produción escénica, visual e cómica melloradas.

O venres 22 de decembro ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Riomaior, Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas porán en escena o espectáculo para público familiar ‘Molto Barroco’, baixo a dirección de Fran Rei.

‘Molto Barroco’ é, antes que nada, unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro. Píscore Teatro ofrece a posibilidade de desfrutar, desde o teatro e o humor, da música da época barroca.

Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o Rei encarga ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares. Pero, paralelamente, o espectáculo nútrese doutra sinxela trama, unha sorte de comedia de enredo entre o Rei, a súa prometida e, se cadra, futura Raílña e o Compositor.

Un triángulo amoroso que contará coa complicidade dun Bufón de actitude irreverente.

Este espectáculo forma parte do programa ‘Tornar ás Taboas’ da Deputación de Pontevedra.


Hora

(Venres) 20:00

Localización

Casa da Cultura de Río Maior

Rúa Pazos, 1, 36140 Vilaboa

Está pasando!