'Polos pelos' con Dani Blanco en Catoira

lun05ago20:00'Polos pelos' con Dani Blanco en Catoiracultura no camiño 202420:00 Concello de Catoira - Catoira

Detalles do Evento

Un cambio de look para todos os públicos na Alameda do Concello de Catoira da man de Dani Blanco.

Un xeito de ver as cousas dende outro punto de vista, unha visión de como adaptarse para seguir sobrevivindo. Unha barbería itinerante que non ten lugar físico concreto. Adapta o seu traballo ó tipo de público e ó espazo onde se atope.

Calquer lugar, transformarase nun espazo onde o circo, a maxia e todas as cousas que saian da nosa imaxinación teñen cabida. Él mesmo aprenderá que cos soños calquera pode facer o que se propoña. E o que era un simple barbeiro, vaise transformar en todo un artista.

Un espectáculo de novo circo, cheo de humor, clown, malabares, máxia e moitas sorpresas máis.

Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño 2024.

Hora

(Luns) 20:00

Localización

Concello de Catoira

Está pasando!