‘Un deus salvaxe’ | Talía Teatro

Ponteatro 2025 - ‘Un deus salvaxe’

xov13nov21:00Ponteatro 2025 - ‘Un deus salvaxe’outubro e novembro de 202521:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Talía Teatro pechará o ciclo teatral Ponteatro coa obra ‘Un deus salvaxe’. Será o 13 de novembro ás 21:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

Dous matrimonios, adultos e civilizados, atópanse para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados coma eles non poidan resolver.

Con este sinxelo argumento a autora desta peza, Yasmina Reza, compón unha sátira da sociedade contemporánea e disecciona, con moito sentido do humor, as relacións de parella, a educación, a competitividade… pero, sobre todo, o exceso de corrección política.

Autoría: Yasmina Reza

Dirección: Artur Trillo

Elenco: María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais

Duración: 70 min.

PONTEATRO 2025

Amorodio Teatro, Teatro Español, Producións Teatrais Excéntricas, Histrión Teatro, Etiqueta Negra e Talía Teatro achegarán as mellores propostas do panorama teatral.

Os espectáculos terán lugar os xoves 9, 16, 23 e 30 de outubro e 6 e 13 de novembro ás 21.00 h. no Teatro Principal de Pontevedra.

  • 9 OUT | ‘CORTELLO DE AMOR’ (AmorodioTeatro)
  • 16 OUT | ‘CARMEN, NADA DE NADIE’ (Teatro Español e Tablas y más Tablas)
  • 23 OUT | ‘AS DESTERRADAS’ (Producións Teatrais Excéntricas)
  • 30 OUT | ‘NEVENKA’ (Histrión Teatro)
  • 6 NOV | ‘GO HOME’ (Etiqueta Negra Producións)
  • 13 NOV | ‘UN DEUS SALVAXE’ (Talía Teatro)

Unha programación completa para pasar un outono entretido e proveitoso gozando do teatro en Pontevedra.

Á venda en Ataquilla.com os abonos a un prezo único de 30 € e as entradas a 8€ con desconto a 4€ para as persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65.

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!