Ponteatro - 'Entrega en man' de Contraproducións

xov21nov21:00Ponteatro - 'Entrega en man' de Contraproduciónsoutubro e novembro de 202421:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Contraproducións pechará o ciclo Ponteatro o xoves 21 de novembro coa posta en escena no Teatro Principal de Pontevedra de la pieza ‘Entrega en man’.

Cuarto ruín dun hotel cutre nunha anónima vila americana. Carmichael, un supremacista branco estrafalario e agresivo, ofrece unha recompensa por recuperar a man que lle cortaron de adolescente nun acto de absurda violencia.

O mozo negro Toby e a súa noiva branca Marilyn pretenden enganar a Carmichael ofrecéndolle unha man roubada nun museo e que, polo escura que é, non parece ser a súa. Mervyn, o recepcionista do hotel, un tipo estrambótico e algo surrealista, intervén en tan insólita transacción e desátase.

  • Texto orixinal: Martin McDonagh
  • Versión galega e dirección: Cándido Pazó
  • Elenco: Evaristo Calvo, María Roja, Santi Romay e Diogo Sales
  • Duración: 90 min



PONTEATRO

ciclo Ponteatro terá lugar entre o 10 de outubro e o 21 de novembro cunha selección de 6 obras galegas con dous pases para ESO e Bacharelato e co Teatro Principal de Pontevedra como escenario principal.

A excepción de ‘Terceiro Acto’ do Centro Dramático Galego que terá lugar o sábado 2 de novembro ás 21:00 hora no Auditorio do Pazo da Cultura, todas elas terá lugar como vén sendo habitual os xoves ás 21:00 horas no Teatro Principal.

Talía Teatro, ButacaZero, Os Naúfragos, o Centro Dramático Galego, Sarabela Teatro e Contraproduccións son as compañías encargadas de achegar entre outros temas de actualidade como a educación sexual, o traballo precario, a inmigración, etc.

‘Desexo’ de Talía Teatro o 10 de outubro e ‘O dragón de Ouro’ de Sarabela Teatro o 7 de novembro contarán cun pase matinal concertado polas canles habituais con centros de ESO e Bacharelato.

Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com a prezos moi populares os abonos para as 6 funcións a un prezo de 30 euros e as entradas para cada espectáculo a prezos de 8/4 euros para persoas desempregadas, maiores de 65 e estudantes.

Os pases concertados con centros escolares de Secundaria e Bacharelato, para os que se fará o envío das propostas a través do mail habitual, terán un custo de 3 euros.


XOV 10 OUT 21.00 h Teatro Principal

‘DESEXO’ – Talía Teatro

Como foi a nosa educación sexual? Estamos preparados para ter unha sexualidade sa? Sabemos como afrontar as nosas relacións? Somos capaces de educar as próximas xeracións? Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Intentemos fixarnos nas publicacións, na música, na publicidade…

Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a seren tabú. ‘DeseXo’ é un xoguete cómico que aborda todo isto, porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre sexo.

  • Texto orixinal: Diego Rey
  • Dirección: Diego Rey
  • Elenco: Marta Ríos e Dani Trillo
  • Duración: 65 min


XOV 17 OUT 21.00 h Teatro Principal

‘O ÚNICO QUE VERDADEIRAMENTE QUIXEN TODA A VIDA É SER DELGADA’ – ButacaZero

Cunha sinceridade crúa e o seu clásico humor irónico, Carrodeguas aborda neste texto de auto[NON]ficción a relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera recuncho desta apaixonante sociedade da fermosura.

Porque por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo porque está en ti.

  • Texto orixinal: Esther F. Carrodeaguas
  • Dirección: Xavier Castiñeira
  • Elenco: Esther F. Carrodeguas
  • Duración: 55 min


XOV 31 OUT 21.00 h Teatro Principal

‘NOSO’ – Os Náufragos

Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo no que creceron xuntos, a casa da infancia cun vello ultramarinos-bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive Nicolás con María, a súa parella. A expropiación dese lugar, por causa da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén, logo de moitos anos sen contacto familiar.

As lembranzas doutros tempos, unha visita non esperada, as relacións entre irmáns, a necesidade de mirar ao futuro e a importancia de dar valor ao noso pasado fan de ‘NOSO’ unha dramedia que visibiliza o conflito xeracional e a sensación de pertenza ao lugar de onde vimos.

  • Dramaturxia e dirección: Gustavo del Río
  • Elenco: Daniel Otero, María Roja, Rebeca Vecino, Jimmy Núñez e Sete Eiroa
  • Duración: 75 min


SÁB 2 NOV 21.00 h Auditorio do Pazo da Cultura

‘TERCEIRO ACTO’ – Centro Dramático Galego

Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que, quizais, sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto.

‘Terceiro acto’ é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.

  • Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, a partir de improvisacións co elenco
  • Elenco: Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha “Tatán”
  • Duración: 80 min


XOV 7 NOV 21.00 h Teatro Principal

‘O DRAGÓN DE OURO’ – Sarabela

Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa, a un mozo chinés dóelle moito unha moa na cociña do restaurante de comida rápida ‘O dragón de ouro’. Non ten permiso de residencia, nin cartos e non pode ir ao dentista. Os compañeiros deciden arrincarlla. O mozo tampouco atopa a súa irmá desaparecida.

O mozo chinés morre desangrado na cociña do restaurante. Os seus colegas envólveno nun tapiz e tírano ao río, que o leva á súa casa, ata a China, imaxinando o seu derradeiro soño…

  • Texto orixinal: Roland Schimmelpfenning
  • Tradución: Catuxa López Pato
  • Dirección e dramaturxia: Ánxeles Cuña Bóveda
  • Elenco: Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fernando González e Fran Lareu
  • Duración: 70 min


XOV 21 NOV 21.00 h Teatro Principal

‘ENTREGA EN MAN’ – Contraproducións

Cuarto ruín dun hotel cutre nunha anónima vila americana. Carmichael, un supremacista branco estrafalario e agresivo, ofrece unha recompensa por recuperar a man que lle cortaron de adolescente nun acto de absurda violencia.

O mozo negro Toby e a súa noiva branca Marilyn pretenden enganar a Carmichael ofrecéndolle unha man roubada nun museo e que, polo escura que é, non parece ser a súa. Mervyn, o recepcionista do hotel, un tipo estrambótico e algo surrealista, intervén en tan insólita transacción e desátase.

  • Texto orixinal: Martin McDonagh
  • Versión galega e dirección: Cándido Pazó
  • Elenco: Evaristo Calvo, María Roja, Santi Romay e Diogo Sales
  • Duración: 90 min


Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!