Vista de Bueu entre 1929 e 1936 | Otto Wunderlich, Fototeca do Instituto do Patrimonio Cultural de España

Proxecto ‘Bueu en imaxes’

xov23out(out 23)10:00sáb10xan(xan 10)19:00Proxecto ‘Bueu en imaxes’un arquivo fotográfico para un pobo(outubro 23) 10:00 - (xaneiro 10) 19:00 Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

Concello de Bueu, coa colaboración do Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU), busca imaxes antigas para construír un arquivo fotográfico da vila, unha iniciativa que ten como obxectivo recuperar e conservar a memoria fotográfica.

Así se avanzou na rolda de prensa na que estiveron presentes Carmen García, concelleira de cultura, Alberto Moital, edil de patrimonio cultural, e María Ruíz- Falcó, codirectora do FICBUEU.

A iniciativa, que leva por título ‘Bueu en imaxes’, presentarase publicamente este xoves, 23 de outubro, ás 20.00 horas na Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu, polo que se anima á cidadanía a asistir para coñecer máis do proxecto.

Carmen García salientou que “queremos crear un arquivo fotográfico e un fondo local de imaxes coas que preservar a memoria e organizar exposicións”.

María Ruíz incidiu en que “facilitaremos que a poboación poida achegar as fotografías de antes do ano 2000 e que se escaneen en boa calidade, ademais de crear unha base de datos na que se clasifique por temática, autoría, data e persoa cedente”.

O proxecto nace dende o consistorio coma unha forma de reivindicar a memoria individual e colectiva, de analizar a historia local a través das imaxes e de tentar construír un fondo que poida estar a disposición de calquera persoa que o desexe consultar.

Para iso se contará co equipo do FICBUEU, que colaborarán na dixitalización das imaxes que a cidadanía vaia traendo e dende onde tamén intervirán nos centros educativos.

Alberto Moital, edil de patrimonio, fixo fincapé na busca de imaxes a través dos colexios, pois “os nenos e nenas poderán actuar como conectores coas propias familias e ser partícipes da recolección”.

A idea deste ano é recompilar as imaxes relacionadas con costumes e tradicións, e o plan é poder desenvolver a actividade nos próximos anos con outras temáticas.

A veciñanza poderá entregar as fotografías para dixitalizalas a partir do luns, 27 de outubro, e ata o 26 de xaneiro. O horario será os luns e os mércores de 10 a 19 horas na entrada da Biblioteca Municipal de Bueu.

Hora

Outubro 23 (Xoves) 10:00 - Xaneiro 10 (Sábado) 19:00

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!